Entradas

A Consellería do Mar selecciona ao GALP GOLFO ÁRTABRO SUR como entidade candidata a Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro 2014-2020 financiado polo Fondo Europeo Marítimo Pesqueiro

O pasado 16 de Setembro a Consellería do Mar resolveu seleccionar ao Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur como candidato a Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro 2014-2020 e lle asignou unha cantidade para a realización do Estratexia de Desenvolvemento Participativo. Resolución

Festival Mar de Mares na Coruña

Imagen
O Festival Mar de Mares é un encontro cultural, educativo e lúdico de celebración e preservación do mar que, nesta terceira edición, achega unha mirada máis profunda e un compromiso aínda máis forte co mar de Galicia. Despois de dous anos poñendo o foco na beleza e nos problemas dos océanos afastados, Mar de Mares 2016 centra a súa atención nas costas máis próximas coa intención de poñer en valor a súa impresionante paisaxe. Para iso, contamos coa exposición Pel de mar , do premiado fotógrafo galego Xulio Villarino que, por primeira vez, mostra o conxunto da súa obra arredor da paisaxe mariña. Viaxaremos ao fondo das augas con Jorge Candán, que presenta na Coruña o seu documental O legado das rías galegas . O Festival Mar de Mares volve poñerse en marcha cun programa multidisciplinar de actividades que se celebrará entre o 21 e 25 de setembro, e que se prolongará durante o tempo que as súas exposicións permanezan abertas, que será ata o 27 de novembro. Máis informació...

Foto. Flora Litoral. Monumento Natural Costa de Dexo - Serantes.

Imagen

Reunión da Comisión de Contratación do GALP Golfo Ártabro Sur para elaborar e aprobar as bases para contratación da Asistencia Técnica para elaboración da EDLP do GALP GOLFO ÁRTABRO SUR para o período de programación do FEMP 2014-2020

A Comisión de Contratación do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur reuniuse para elaborar e aprobar as bases polas que se contratarán a elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo para o período de Programación do FEMP 2014-2020. O procedemento de Contratación é Negociado sen Publicidade. Invitáronse a 5 empresas con experiencia na realización de este tipo de traballos. Máis información no apartado de licitacións.

Foto. Flora de Litoral. Monumento Natural de Dexo - Serantes. Oleiros

Imagen

Publicación da Candidatura do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur a Segunda Convocatoria de Selección de Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro -FEMP 2014-2020

Imagen
O Xoves 25 de Agosto se publicou o acordo que se fai pública a relación de organizacións candidatas na Segunda Convocatoria de Selección de Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro - FEMP 2014-2020, onde está como única entidade Candidata o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur. Ábrese un período de Consulta pública para realizar as alegacións que se consideren oportunas ata o día 5 de Setembro de 2016.

Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur

Este blog será o que informe de todas as actividades e accións que realizou e realizará o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur. Esta asociación sen ánimo de Lucro, e cuxo ámbito de actuación abarca os Concello de Arteixo, A Coruña, Culleredo, Cambre, Oleiros e Bergondo, continuará a actividade realizada polo Grupo de Acción Costeira Golfo Ártabro, da qué polos cambios estatutarios realizados é continuadora. O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur, prepara a súa Candidatura ao Programa dos Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro 2014-2020. Programa financiado polos Fondo Europeo do Mar (85%) e da Consellería do Mar (15%). Para elo o anterior Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro" tivo que adecuar os seus estatutos para adaptarse a novo programa. Na actualidade o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur, está a espera de que a Consellería do Mar, públique a Orden pola que o noso Grupo poida presentar a súa ...