O GALP Golfo Ártabro Sur contará con 4 Millóns de Euros para levar a cabo a súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo

A Conselleira do Mar, Dna. Rosa Quintana Carballo asinóu a Resolución de Selección do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur como novo GALP para o territorio de Arteixo, A Coruña, Culleredo, Cambre, Oleiros, Sada e Bergondo, e recoñecese como entidade colaboradora condicionado a que se asine o convenio de colaboración segundo a normativa vixente. Nesta resolución apróbase tamén a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo que estará dotada para o período 2017-2020 de 4.000.000,00€ dos cales 1.000.000€ estará destinados para custes de funcionamento, difusión e sensibilización. Os 3.000.000€ financiarán proxectos productivos e non productivos, dos 6 obxectivos estratéxicos que ten a EDLP do GALP. 1. Mellora da Competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de sub...