O GALP Golfo Ártabro Sur contará con 4 Millóns de Euros para levar a cabo a súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo
A Conselleira do Mar, Dna. Rosa Quintana Carballo asinóu a Resolución de Selección do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur como novo GALP para o territorio de Arteixo, A Coruña, Culleredo, Cambre, Oleiros, Sada e Bergondo, e recoñecese como entidade colaboradora condicionado a que se asine o convenio de colaboración segundo a normativa vixente.
Nesta resolución apróbase tamén a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo que estará dotada para o período 2017-2020 de 4.000.000,00€ dos cales 1.000.000€ estará destinados para custes de funcionamento, difusión e sensibilización. Os 3.000.000€ financiarán proxectos productivos e non productivos, dos 6 obxectivos estratéxicos que ten a EDLP do GALP.
1. Mellora da Competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
2. Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara a novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.
3. Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medio ambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbano.
4. Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras.
5. Reforzo das comunidades no desenvolvemento local e da gobernanza, dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais.
6. Fomento da cooperación.
Resolución ver aquí
Comentarios
Publicar un comentario