Último mes para solicitar as subvencións do GALP Golfo Ártabro Sur
· O luns 1 de marzo finaliza a última convocatoria das axudas europeas do FEMP destinadas a financiar iniciativas relacionadas co mar e coa pesca.
Sada, 3 de febreiro de 2021.- O próximo luns 1 de marzo finaliza a última convocatoria para que particulares, empresas ou entidades soliciten as axudas europeas do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) tramitadas polo GALP Golfo Ártabro Sur. Están destinadas a financiar proxectos vinculados co mundo do mar e da pesca, directa ou indirectamente, na súa área de actuación que comprende os concellos de Bergondo, Sada, Oleiros, Cambre, Culleredo, A Coruña e Arteixo. O apoio económico, a fondo perdido, pode ser de entre o 50 e o 100% da inversión solicitada.
Nesta anualidade, o GALP Golfo Ártabro Sur dispón dun crédito de 750.000 mil euros para impulsar o desenvolvemento social e económico dunha zona costeira cun gran potencial na que xa leva apoiadas 32 iniciativas con 2,4M€ relacionadas coa pesca extractiva, co medio ambiente, co turismo, coa cultura ou coa memoria histórica.
Así mesmo, e co obxectivo de dar máis facilidades aos solicitantes, segue mantendo un acordo con ABANCA para que, quen o precise, poida obter un financiamento a medida para completar a parte do presuposto non subvencionado.
Requisitos
Os
interesados poden ampliar información na sede física do GALP Golfo Ártabro Sur,
situada na Casa do Mar de Sada (avda. do Porto, 21. Baixo), por teléfono (881
896 417 / 617 867 820) ou no correo electrónico galpgolfoartabrosur@gmail.com.
O equipo técnico do GALP tamén ofrece asesoramento e acompañamento durante todo o proceso administrativo para que os trámites resulten máis sinxelos.
Comentarios
Publicar un comentario