O Galp Golfo Ártabro Sur recibe o recoñecemento ao mellor proxecto de boas práctica da Red Española de Grupos de Pesca

Hoxe iniciouse a sesión plenaria da Red Española de Grupos de Pesca, coa entrega dos V Recoñecementos de boas prácticas. 

O GALP Golfo Ártabro Sur foi galardanado polo Proxecto "Ecoturismo no Golfo Ártabro" da Asociación Mariñas - Betanzos entidade xestora da Reserva da Biosfera Mariñas - Coruñesas e Terras do Mandeo como ao mellor proxecto de boas prácticas no período 2020-2021. 

O galardón foi recollido polo Secretario do GALP Golfo Ártabro Sur, D. José Garrote Martín.


 Neste acto tamén foi entregado o recoñecemento ao mellor proxecto de boas prácticas de cooperación, coordinado polo GALP A Mariña - Ortegal, e dos que fumos parte o GALP Golfo Ártabro Norte, Costa Sostible, Ría de Arousa, e Ría de Pontevedra, e Golfo Ártabro Sur, proxecto de economía circular e inserción sociolaboral das persoas con diversidade funcional e sector pesqueiro. Foi recollido polo Presidente do GALP Mariña - Ortegal.



Comentarios

Entradas populares de este blog

“Había xente que estaba na lonxa dende a 1 da mañá con frío e choiva. Pasabamos a vida no peirao, porque como ninguén quería marchar sen peixe, cada vez madrugabamos máis.”

O GALP Golfo Ártabro Sur presenta o informe socio-cultural do sector do mar

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio