O GALP Golfo Ártabro Sur levou a cabo a proposta definitiva da convocatoria 2023
Xa está publicada a proposta definitiva de Xunta Directiva da convocatoria 2023.
O GALP Golfo Ártabro Sur foi un dos primeiros grupos galegos en emitir a proposta definitiva dos proxectos da convocatoria do 2023.
A pesar da novidade do procedemento e do que isto supón
na tramitación das axudas ao abeiro da EDLP do GALP, o bo facer e a
coordinación do Equipo Técnico do grupo e a Xunta Directiva, fixo posible que o
GALP Golfo Ártabro Sur fora un dos primeiros GALPs de Galicia en presentar a
súa proposta da convocatoria 2023.
Dende o grupo están moi orgullosos do traballo realizado
e dos logro acadados nesta primeira convocatoria, que a pesar de ser moi
axustada en tempo, acadou solicitudes de proxectos por máis de medio millón de
euros.
Nas oficinas do grupo estase a notar que o traballo ben
feito da o seu froito, pois cada vez son máis os que coñecen o GALP e están a
poñerse en contacto co grupo para a realización de proxectos na nova
convocatoria de 2024.
Ao longo do programa FEMPA, seguiremos traballando en
conxunto de forma coordinada e enriquecedora para lograr un territorio máis
próspero, que xere oportunidades e permita poder seguir crecendo.
Comentarios
Publicar un comentario