Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como concello de Sada

O Concello de Sada organiza un taller gratuíto para fomentar o emprendemento no sector do mar financiado polo Galp Golfo Ártabro Sur

Imagen
-  O programa desenvolverase entre o xoves 17 e o mércores 23 de decembro e aínda quedan prazas dispoñibles O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur financia ao Concello de Sada o programa de formación Empreamar, que busca fomentar o emprendemento no ámbito mariño. O obradoiro de carácter gratuíto, vai dirixido a persoas que teñan intención de iniciar unha actividade empresarial relacionada co ámbito mariño co obxectivo de darlles apoio no estudo e planificación da idea.  O curso, de 35 horas teórico-prácticas, desenvolverase desde este xoves 17 ata o mércores 23 e aínda quedan prazas dispoñibles. A formación inclúe xornadas de visita a empresas do sector e unha de ‘outdoor training’.  As persoas interesadas, deben contactar coa Axencia de Emprego e Desenvolvemento Loca (AEDL) do Concello de Sada a través dos teléfonos 881 929 057 e 620 765 150 ou enviar un correo electrónico a aedl@sada.gal.  A través da iniciativa, financiada polo polo G...