O Concello de Sada organiza un taller gratuíto para fomentar o emprendemento no sector do mar financiado polo Galp Golfo Ártabro Sur

O Concello de Sada organiza un taller gratuíto para fomentar o emprendemento no sector do mar financiado polo Galp Golfo Ártabro Sur

O programa desenvolverase entre o xoves 17 e o mércores 23 de decembro e aínda quedan prazas dispoñibles

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur financia ao Concello de Sada o programa de formación Empreamar, que busca fomentar o emprendemento no ámbito mariño.

O obradoiro de carácter gratuíto, vai dirixido a persoas que teñan intención de iniciar unha actividade empresarial relacionada co ámbito mariño co obxectivo de darlles apoio no estudo e planificación da idea. 

O curso, de 35 horas teórico-prácticas, desenvolverase desde este xoves 17 ata o mércores 23 e aínda quedan prazas dispoñibles. A formación inclúe xornadas de visita a empresas do sector e unha de ‘outdoor training’. 

As persoas interesadas, deben contactar coa Axencia de Emprego e Desenvolvemento Loca (AEDL) do Concello de Sada a través dos teléfonos 881 929 057 e 620 765 150 ou enviar un correo electrónico a aedl@sada.gal. 

A través da iniciativa, financiada polo polo GALP Golfo Ártabro Sur, o Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e a Consellería do Mar, búscase fomentar o emprendemento ao tempo que se aproveitan e promocionan os recursos naturais do medio mariño. 

Ademais, este programa nace coa idea de perdurar no tempo e continuar o ano que vén. Deste xeito, as ideas novas que se trasladen no taller poderán ter continuidade ou poñerse en marcha nun futuro.

O Concello de Sada organiza un taller gratuíto para fomentar o emprendemento no sector do mar financiado polo Galp Golfo Ártabro Sur_2



Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024