O equipo de Relevo 2020 visitou o IES Alfonso X O Sabio de Cambre para espertar novas vocacións laborais no sector do mar e da pesca
A semana pasada, o equipo do programa Relevo 2020 achegouse ao territorio do GALP Golfo Ártabro Sur para continuar o seu labor divulgativo por toda Galicia e seguir espertando futuras vocacións laborais no sector do mar e da pesca. Nesta ocasión, a cita foi no IES Alfonso X O Sabio de Cambre, onde se reuniron con case medio centro de rapaces de 4º da ESO e ciclos formativos para explicarlles en que consiste este itinerario formativo e as vantaxes que pode ter para eles. En concreto, foron 30 alumnos e 14 alumnas. A día de hoxe, no territorio do GALP Golfo Ártabro Sur xa hai anotadas cinco persoas para participar na 2ª edición de 2021. Que é Relevo 2020? Relevo2020 é unha novidosa iniciativa formativa promovida polos GALP de Galicia. Está dirixida a mozos desde 16 anos para promover o relevo xeracional no sector pesqueiro. En concreto, está pensada para as persoas que queran encamiñar o seu futuro profesional no sector do mar ou da pesca e, antes, vén necesario consolidar o...