O equipo de Relevo 2020 visitou o IES Alfonso X O Sabio de Cambre para espertar novas vocacións laborais no sector do mar e da pesca
A semana pasada, o equipo do programa Relevo 2020 achegouse ao territorio do GALP Golfo Ártabro Sur para continuar o seu labor divulgativo por toda Galicia e seguir espertando futuras vocacións laborais no sector do mar e da pesca.
Nesta ocasión, a cita foi no IES Alfonso X O Sabio de Cambre, onde se reuniron con case medio centro de rapaces de 4º da ESO e ciclos formativos para explicarlles en que consiste este itinerario formativo e as vantaxes que pode ter para eles. En concreto, foron 30 alumnos e 14 alumnas.
A día de hoxe, no territorio do GALP Golfo Ártabro Sur xa hai anotadas cinco persoas para participar na 2ª edición de 2021.
Que é Relevo 2020?
Relevo2020 é unha novidosa iniciativa formativa promovida polos GALP de Galicia. Está dirixida a mozos desde 16 anos para promover o relevo xeracional no sector pesqueiro. En concreto, está pensada para as persoas que queran encamiñar o seu futuro profesional no sector do mar ou da pesca e, antes, vén necesario consolidar ou ampliar os seus coñecementos a través dunha aprendizaxe totalmente personalizada e gratuíta. O nivel de adaptación é máximo xa que o horario das sesións, a elixir de mañá ou de tarde, será acordado cos inscritos para favorecer a súa participación.
O programa formativo busca potenciar a parte práctica e experiencial centrándose en sesións que fomenten un bo coñecemento do sector pesqueiro, en tecer redes asociativas cos profesionais do mar, no emprendemento activo, o no recoñecemento de experiencias innovadoras a través de encontros con outros profesionais. As "clases" comprenden desde seminarios formativos a titorías individualizadas, saídas de campo, encontros con outros con outros mozos con experiencia, visitas experienciais e, incluso, unha saída de estudo a nivel nacional.
O cadro de profesores está formado por profesionais do eido das Ciencias Experimentais e das Ciencias Sociais, con ampla experiencia na realización e coordinación de proxectos de divulgación científica centrada no medio mariño e o sector pesqueiro e en procesos de formación.
Se estás interesado en participar, contacta co GALP Golfo Ártabro Sur (galpgolfoartabrosur@gmail.com – 881 896 417 – 604 053 257) ou, directamente, co Proxecto Relevo 2020 no email info@relevo2020.org.
Acceso directo ao formulario de inscrición en Relevo 2020 > https://arenariacoordinacion.com/relevo2020
Comentarios
Publicar un comentario