Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como patrimonio inmaterial Galicia

Cuac FM leva Son do Mar III á radio

Imagen
  O pasado 23 de outubro, Cuac FM acolleu unha tertulia especial sobre a terceira edición de "Son do Mar", o roteiro teatralizado organizado polo GALP Golfo Ártabro Sur, que pon en valor a cultura e a historia mariñeira das nosas costas. A entrevista reuniu a Federico López, xerente do GALP, Afonso García Penas, coordinador da actividade, e Xosé Eixo Branco, actor que dá vida ao personaxe de Ramón Boutureira, quen compartiron detalles sobre os aspectos culturais e patrimoniais que este evento promove. Durante a conversa, os participantes destacaron o compromiso de "Son do Mar" coa recuperación da memoria histórica do sector pesqueiro, a través dun percorrido que recrea a vida mariñeira dos anos 50 e 60 en puntos emblemáticos da cidade de A Coruña. Cada escena do roteiro e cada personaxe busca representar de xeito fiel a realidade e o traballo das xentes do mar, co obxectivo de conectar ao público co pasado e enriquecer o presente con esa experiencia vivida. "So...

O GALP Golfo Ártabro Sur participa no mercado mariñeiro de Sada da man da asociación Os Patexeiros

Imagen
Un ano máis, o GALP Golfo Ártabro Sur estivo presente no mercado mariñeiro das Festas do Carmen de Sada. Nesta ocasión, a a través do stand da Asociación Cultural Mariñeira Os Patexeiros.  Alí, entre o venres 16 e o domingo 18, visitantes e veciños poideron ver carteis, xogos, información sobre as axudas que tramita a entidade, información das especies mariñas e das tipoloxías das artes de pesca neste tramo de costa, libriños da Rede REMA para participar no sorteo das cestas de produtos mariñeiros ao visitar os museos adheridos e ir selando o Pasaporte Rema,…  A xunta directiva e xerencia do GALP Golfo Ártabro Sur quixo agradecer a colaboración e disposición á asociación Os Patexeiros para dar visibilidade ao seu traballo e cometido. Nas redes sociais do GALP Golfo Ártabro Sur publicouse unha completa galería de fotos que se pode ver clicando nesta ligazón:  https://www.facebook.com/media/set?vanity=galpartabrosur&set=a.1062514614153647