O GALP Golfo Ártabro Sur participa no mercado mariñeiro de Sada da man da asociación Os Patexeiros

Un ano máis, o GALP Golfo Ártabro Sur estivo presente no mercado mariñeiro das Festas do Carmen de Sada. Nesta ocasión, a a través do stand da Asociación Cultural Mariñeira Os Patexeiros. 

Alí, entre o venres 16 e o domingo 18, visitantes e veciños poideron ver carteis, xogos, información sobre as axudas que tramita a entidade, información das especies mariñas e das tipoloxías das artes de pesca neste tramo de costa, libriños da Rede REMA para participar no sorteo das cestas de produtos mariñeiros ao visitar os museos adheridos e ir selando o Pasaporte Rema,… 




A xunta directiva e xerencia do GALP Golfo Ártabro Sur quixo agradecer a colaboración e disposición á asociación Os Patexeiros para dar visibilidade ao seu traballo e cometido.

Nas redes sociais do GALP Golfo Ártabro Sur publicouse unha completa galería de fotos que se pode ver clicando nesta ligazón: https://www.facebook.com/media/set?vanity=galpartabrosur&set=a.1062514614153647



Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024