Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2018

Morada Atlántica, poñendo en valor a cultura mariñeira a través da gastronomía

Os GALP Costa da Morte e GALP Seo de Fisterra e Ría de Muros e Noia, Costa Sostible, levan a cabo o proxecto 'Morada Atlántica', que trata de poñer en valor a cultura e o patrimonio material e inmaterial mariñeiro, utilizando como fío condutor a gastronomía, baixo una esfera experiencial, emocional e relacional, que converta a oferta turística nun mercado de emocións singular. Para iso, se creará un recetario de cociña atlántica e unha rede de espazos de contido museístico atlántico.  Os principais obxectivos deste proxecto e fomentar o crecemento económico, a inclusión social e a creación de postos de traballo nas comunidades costeiras e de interior dependentes da pesca e a acuicultura. ¿Cómo? Elaborando un receitario de cociña atlántica dos territorios das entidades participantes, creando unha rede de espazos de contido museístico atlántico, deseñando un programa de adhesión de establecementos hostaleiros á oferta de cociña atlántica. Podes consultar máis inf

A biodiversidade no Golfo Ártabro

Imagen
O vindeiro martes, 22 de maio, o Castelo de Santa Cruz, no Concello de Oleiros, acollerá unha xornada formativa titulada 'O Golfo Ártabro, biodiversidade e benestar humano', organizada polo Ceida. Á inauguración do evento, que está dirixido a profesionais de actividades relacionadas co medio mariño e a poboación xeral interesada no sector, asistirá en representación do GALP Golfo Ártabro Sur,  José Garrote Martín. O Golfo Ártabro está conformado pola confluencia das Rías de A Coruña, Betanzos, Ares e Ferrol, cun litoral de máis de 200 km de lonxitude que abrangue a 16 concellos. Este espazo marítimo e litoral alberga un rico patrimonio natural e cultural, unha gran variedade de hábitats e ecosistemas e unha elevada biodiversidade: valiosísimos fondos e pradeiras mariñas, dunas e lagoas costeiras, poboacións de golfiños e baleas, flora e fauna ameazadas, algunhas das colonias de aves mariñas máis importantes da Península Ibérica, Espazos Naturais Protexidos, etc. O o

Aberto o prazo para solicitar as axudas do GALP Golfo Ártabro Sur

Imagen
O prazo para optar ás axudas do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur​ ao abeiro da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo está aberto ata o 1 de marzo de 2020. O GALP Golfo Ártabro Sur conta con 3 millóns de euros para levar a cabo a súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo. Entre os obxectivos deste plan está a mellora da competitividade do sector pesqueiro e o fomento do emprego, polo que se tes un proxecto, produtivo ou non produtivo, relacionado co sector podes optar a estas subvencións. No espazo web do GALP ( adxuntar ligazón https://galp.xunta.gal/golfo-artabro-sur/documentacion ) atoparás a documentación básica para presentar a túa iniciativa, xunto coa normativa e manuais para coñecer o procedemento. Non agardes máis! 

Desactivar para: gallego Coñece a Ruta dos Faros desde o teu ordenador

Imagen
A Ruta dos Faros de Galicia, un proxecto dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de Galicia e da marca turística MarGalaica, conta cun itinerario de 1.175 kilómetros. Todo este traxecto está perfectamente explicado na rede, onde o proxecto conta con fiestras nos diferentes formatos: web, blog e redes sociais. A web,  https://rutadosfaros.gal/ , é un espazo moderno, visual e intuitivo, onde poderás atopar o plano da ruta e diferentes clasificacións das mellores rutas e 'selfies'. Ademais, na páxina poderás atopar un blog onde se explicarán temas relacionados coa ruta e cos lugares ou puntos que atoparás ao seu paso. Por outra banda, tamén existe unha páxina de fans oficial da Ruta dos Faros de Galicia (@RutaFarosGalicia), na que poderás atopar información de actualidade relacionada co itinerario e coa súa contorna, ademais de interaccionar cos xestores do sitio para consultar calquera dúbida. Bótalles unha ollada!