Aberto o prazo para solicitar as axudas do GALP Golfo Ártabro Sur
O prazo para optar ás axudas do Grupo de Acción Local do
Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur ao abeiro da súa Estratexia de
Desenvolvemento Local Participativo está aberto ata o 1 de marzo de 2020.
O GALP Golfo Ártabro Sur conta con 3 millóns de euros para
levar a cabo a súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo. Entre os
obxectivos deste plan está a mellora da competitividade do sector pesqueiro e o
fomento do emprego, polo que se tes un proxecto, produtivo ou non produtivo,
relacionado co sector podes optar a estas subvencións.
No espazo web do GALP ( adxuntar ligazón https://galp.xunta.gal/golfo-artabro-sur/documentacion)
atoparás a documentación básica para presentar a túa iniciativa, xunto coa
normativa e manuais para coñecer o procedemento.
Non agardes máis!
Comentarios
Publicar un comentario