Morada Atlántica, poñendo en valor a cultura mariñeira a través da gastronomía
Os
GALP Costa da Morte e GALP Seo de Fisterra e Ría de Muros e Noia, Costa
Sostible, levan a cabo o proxecto 'Morada Atlántica', que trata de poñer en
valor a cultura e o patrimonio material e inmaterial mariñeiro, utilizando como
fío condutor a gastronomía, baixo una esfera experiencial, emocional e
relacional, que converta a oferta turística nun mercado de emocións singular.
Para iso, se creará un recetario de cociña atlántica e unha rede de espazos de
contido museístico atlántico.
Os
principais obxectivos deste proxecto e fomentar o crecemento económico, a
inclusión social e a creación de postos de traballo nas comunidades costeiras e
de interior dependentes da pesca e a acuicultura. ¿Cómo? Elaborando un
receitario de cociña atlántica dos territorios das entidades participantes,
creando unha rede de espazos de contido museístico atlántico, deseñando un
programa de adhesión de establecementos hostaleiros á oferta de cociña atlántica.
Podes
consultar máis información do proxecto na seguinte ligazón: https://galp.xunta.gal/morada-atlantica
Comentarios
Publicar un comentario