Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2018

Xornada formativa sobre marketing e redes sociais no sector hosteleiro

Imagen
O GALP Golfo Ártabro Sur e o GALP Golfo Ártabro Norte organizan este mércores, 12 de decembro, no IES Fragas do Eume de Pontedeume unha xornada de formación e  networking sobre como realizar accións de márketing e redes sociais no sector hostaleiro. Este evento, que terá lugar de 16:30 a 19:30 horas, está dirixido a profesionais da hostalería e enmárcase dentro do programa ‘Morada Atlántica’ a través dunha das súas liñas de traballo ‘Cociña Atlántica’, para  a diversificación do sector pesqueiro a través da promoción das gastronomía, o turismo e o patrimonio. O obxectivo desta experiencia é poñer en valor o bo aproveitamento dos produtos do territorio, coñecer propostas para chegar máis e mellor ao consumidor e achegarse ao mundo do márketing no apartado da restauración. Para iso, diferentes profesionais do sector da comunicación e a hostalería falarán sobre como atraer e fidelizar clientes a través do márketing e como xestionar os comentarios positivos e

A Asociación Muller Mar constitúese na Casa do Mar da Coruña

Imagen
Catorce mulleres figuran como asinantes da acta fundacional e dos estatutos da Asociación Muller Mar (AMUMAR) que se constituíu o pasado luns, 3 de decembro, na Casa do Mar da Coruña. O colectivo reúne a profesionais de diferentes ámbitos e perfís buscando, precisamente, a transversalidade desde a súa orixe. Trátase da primeira unión deste tipo que se crea na comarca da Coruña. Aínda que marcaron Galicia como o seu ámbito de actuación, a vinculación xeográfica da entidade estaría principalmente vinculada aos  concellos que conforman o GALP Golfo Ártabro Sur, é dicir: Arteixo, A Coruña, Culleredo, Cambre, Oleiros, Sada e Bergondo. Coa firma de acta fundacional danse os primeiros pasos legais para poñer en marcha a un colectivo que pretende aglutinar ás mulleres que desempeñan profesións vinculadas ao mar. No grupo de inicio figuran pescantinas, mariscadoras e ata biólogas mariñas, sumaranse máis adiante outros como o de redeiras, por exemplo. Están así representad

Entrevista á Presidenta da Asociación Muller Mar promovida polo GALP Golfo Ártabro Sur

Imagen
Ángela Barrán Presidenta de la Asociación Muller Mar (Amumar) Entrevista en el periódico La Opinión de La Coruña enlace a la noticia   "Es importante decir que estamos juntas, tenemos que pelear unidas para que nos vean" "No se trata de decir que somos unas cuantas, somos todas y tenemos que ser visibles" - "Darle visibilidad al colectivo mujer significa que algo está revolucionándose dentro" carmen fernández | a coruña 06.12.2018 | 01:53 La Opinión de La Coruña   La presidenta de Amumar, Ángela Barrán, en su puesto en la plaza de San Agustín. víctor echave Fotos de la noticia La Asociación Muller Mar (Amumar) se constituyó el pasado lunes. El colectivo, impulsado por el Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Ártabro Sur, busca agrupar a las mujeres que forman parte del sector del mar en A Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre, Bergondo, Sada y Oleiros para darles visibilidad. Actualmente lo forman una treint

Constitución da Asociación de Mulleres do territorio do GALP Golfo Ártabro Sur

Imagen
Tras a celebración do encontro de definición que tivo lugar o pasado luns na Casa  do Mar do Instituto Social da Mariña, e debido ao interese mostrado polas asistentes en constituír unha asociación de mulleres do mar no territorio do GALP Golfo Ártabro Sur que as represente, este luns, 3 de decembro, celebrarase a constitución oficial da entidade. No encontro de definición debateuse sobre diversos temas de especial relevancia para a redacción do borrador dos estatutos, os requisitos para ser socia, os obxectivos da asociación, o seu ámbito territorial, os órganos representativos da asociación, etc. Agora, o luns ás 10 horas no salón de xuntas da Casa  do Mar da Coruña celebrarase o encontro para a constitución da asociación. Alí, realizarase a lectura e firma dos estatutos e da acta fundacional, polo que se require a asistencia de todas as mulleres que desexen formar parte da entidade, xa que este é un encontro aberto para todas as mulleres vinculadas co m