Xornada formativa sobre marketing e redes sociais no sector hosteleiro

O GALP Golfo Ártabro Sur e o GALP Golfo Ártabro Norte organizan este mércores, 12 de decembro, no IES Fragas do Eume de Pontedeume unha xornada de formación e  networking sobre como realizar accións de márketing e redes sociais no sector hostaleiro.

Este evento, que terá lugar de 16:30 a 19:30 horas, está dirixido a profesionais da hostalería e enmárcase dentro do programa ‘Morada Atlántica’ a través dunha das súas liñas de traballo ‘Cociña Atlántica’, para  a diversificación do sector pesqueiro a través da promoción das gastronomía, o turismo e o patrimonio.

O obxectivo desta experiencia é poñer en valor o bo aproveitamento dos produtos do territorio, coñecer propostas para chegar máis e mellor ao consumidor e achegarse ao mundo do márketing no apartado da restauración.

Para iso, diferentes profesionais do sector da comunicación e a hostalería falarán sobre como atraer e fidelizar clientes a través do márketing e como xestionar os comentarios positivos e negativos nas redes sociais. Ademais, como broche final, haberá un showcooking con produtos do territorio e deixarase un espazo de networking para establecer lazos entre diferentes axentes do sector.

Para asistir é necesario anotarse previamente, de forma totalmente gratuíta, a través do teléfono 981 285 483 ou no correo electrónico 


Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024