XUSTIFICACIÓN
XUSTIFICACIÓN DAS AXUDAS FEMPA 2021-2027 GALP GOLFO ÁRTABRO SUR
A efectos de acreditar a realización do proxecto levado a cabo nesta anualidade, así como o cumprimento de todos os requisitos e condicións establecidas nas bases das axudas, será imprescindible a presentación por sede electrónica, no procedemento aberto PE155A do proxecto aprobado, antes do prazo sinalado a documentación indicada debidamente cumprimentada.
MOI IMPORTANTE
No
caso de solicitar un pagamento parcial que supere os 18.000 euros, será
obrigatorio a presentación dun aval solidario da entidade de crédito,
que deberá cubrir o 110% do importe das cantidades aboadas, de conformidade co
disposto no artigo 67 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o
Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, excepto
nos casos previstos no artigo 65.4 desde decreto. O aval será depositado na
Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia. As garantías
serán liberadas despois de que se comprobe a realización do proxecto ou das
accións independentes que o compoñan.
Requisitos
e documentación a presentar:
1. Os beneficiario deberá acreditar a
realización do proxecto, así como o cumprimento dos requisitos e condicións que
determinaron a concesión da axuda.
Para isto, logo da execución do proxecto no prazo sinalado na resolución da concesión da axuda, o beneficiario presentará ante o GALP, na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), con anterioridade á data sinalada como prazo de xustificación na resolución de concesión de axuda (normalmente 31 de outubro), a seguinte documentación:
a. ANEXO V
Anexo V de solicitude
de pagamento de axuda
b. MEMORIA XUSTIFICATIVA
Memoria Xustificativa
da realización do proxecto, con especial referencia aos obxectivos conseguidos.
No caso de pagamento final, proporcionarase información sobre os indicadores de
resultados do Programa FEMPA obtidos unha vez executada a operación.
c. ANEXO IV
Declaración
responsable de axudas recibidas e solicitadas para o mesmo proxecto, segundo o
Anexo IV.
d. RELACIÓN DE CUSTOS
Relación de custos
individualizados por cada actuación, con e sen IVE. No caso de facturas
indicarase número, nome da empresa emisora e NIF, importe total con
desagregación do IVE, data de emisión e data de pagamento.
e. FACTURAS
Facturas
correspondentes aos custos sinalados na relación, detalladas ao máximo posible.
f.
XUSTIFICANTES DE PAGAMENTO
Xustificantes
bancarios (transferencia bancaria ou certificación bancaria), nos que conste:
i.
Número de factura obxecto de
pagamento
ii.
Titular da conta desde a que
se realiza a operación (que deberá coincidir co beneficiario da axuda)
iii.
Identificación do
destinatario do pagamento (que deberá coincidir coa persoa ou empresa que
emitiu a factura)
A data dos
xustificantes de gasto e do pagamento debe ser posterior á data de solicitude
de axuda (salvo para o informe técnico relativo á protección fronte ao cambio
climático) e terán como límite para a súa validez e admisión o último día do
prazo de execución e xustificación previsto na resolución de concesión.
g. DECLARACIÓN DE NON VINCULACIÓN
Declaración de non
vinculación cos provedores. Declarando que se entregaron 3 ofertas presentadas
polos diferentes provedores e non hai vinculación entre o solicitante e o
provedor.
h. CONTABILIDADE SEPARADA
Documentación para
acreditar a contabilidade separada: todas as entidades beneficiarias dunha
subvención cofinanciada por fondos públicos, tales como axudas nacionais ou
fondos europeos, deben acreditar que levan unha contabilidade separada ou
código contable adecuado para os gastos obxecto da subvención, tendo en conta
as normas da contabilidade normal. O incumprimento do mantemento dun sistema de
contabilidade separado ou unha codificación contable adecuada, segundo o
establecido no regulamente UE 1060/2021 dará lugar á penalización da axuda.
i.
CERTIFICADO DE CONTA
BANCARIA
Certificado da conta
bancaria da entidade promotora para ingreso da subvención.
j.
AVAL BANCARIO
No caso de solicitar
un pagamento parcial ou anticipo que supere os 18.000 euros, será obrigatorio a
presentación dun aval solidario da entidade de crédito, que deberá
cubrir o 110% do importe das cantidades aboadas a conta ou que se anticipen, de
conformidade co disposto no artigo 67 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo
que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de
Galicia, excepto nos casos previstos no artigo 65.4 desde decreto. O aval
será depositado na Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia e
deberán alcanzar como mínimo ata as dous meses seguintes á finalización do prazo
de xustificación previsto. As garantías serán liberadas despois de que se comprobe
a realización do proxecto ou das accións independentes que se compoñan.
k. CONTRATACIÓN DE PERSOAL
No caso de gastos de
persoal contratado:
i.
O contrato laboral debe
facer constar unha mención expresa ao proxecto para o cal se efectuou a
contratación, a relación do persoal contratado e a seguinte documentación
acreditativa:
1. Contrato de traballo
2. Nóminas
3. Documentos de cotización da Seguridade Social
4. Declaración e liquidación do IRPF coa xustificación de pagamento.
ii.
No caso de que se tivera
valorado a creación de emprego cualificado para a selección do proxecto, deberá
acreditarse que o contrato laboral se corresponde coa cualificación
comprometida
iii.
CREACIÓN DE EMPREGO
No caso de que se
teña valorado a creación de emprego na selección do proxecto, considerase
válida para a xustificación do mesmo a presentación de contratos laborais
asinados ou acreditación de alta no réxime correspondente no caso de persoas
traballadoras autónomas, nos dos meses anteriores á solicitude de axuda. No
caso de persoas contratadas tamén se achegará informe de persoas
traballadoras en alta na Seguridade Social na data anterior á solicitude ou á
contratación de ser o caso.
iv.
Dentro dos gastos de persoal,
as obrigas tributarias e de Seguridade Social que non se poidan facer efectivos
na data límite de xustificación, poderán xustificarse no primeiro trimestre do
exercicio seguinte.
l.
CERTIFICACIÓNS DE ESTAR AO
CORRENTE DE PAGO
Certificacións
acreditativas de estar ao corrente de pagamento dos seus deberes tributarios co
Estado, coa Comunidade Autónoma e coa Seguridade Social, naqueles supostos en
que se denegue expresamente a autorización para a súa consulta no procedemento
de tramitación da axuda ou se opoña á consulta.
m. PERMISOS, AUTORIZACIÓNS, INFORMES, INSCRICIÓNS E/OU LICENZAS
Os permisos,
autorizacións, informes, inscricións e/ou licenzas requiridas para o tipo de
actividade de que se trate. Deberán presentarse, como moi tarde, xunto coa solicitude
de pagamento final. En toda esta documentación, a persoa beneficiaria terá que
acreditar a súa titularidade.
No caso das licenzas
de obra o importe do Proxecto de execución material non poderá ser inferior ao
importe do proxecto subvencionado.
A acreditación dos
cumprimentos dos requisitos medioambientais establecidos no artigo 16.1, letras
k) a o), realizaranse cos informes ou autorizacións pertinentes.
n. ALTA DE NOVA ACTIVIDADE
No caso de dar de
alta unha nova actividade, deberá ser acreditado coa documentación
correspondente da axencia tributaria. (modelo 036, IAE...)
o. CERTIFICACIÓNS DE OBRA
No caso dunha
actuación que requira proxecto técnico de obra, deberase achegar coa
primeira xustificación unha copia do resumo do orzamento aceptado. Neste
suposto presentaranse certificacións de obra asinadas por técnico competente
que deberán coincidir nos conceptos dos capítulos do proxecto técnico que
figure no expediente.
p. CERTIFICADOS DE XESTIÓN DE RESIDUOS
No caso de proxectos
que requiran realización de obra, para acreditar o requisito establecido no
artigo 4.2.k), deberanse achegar os certificados de xestión de residuos de
construción e demolición con destino a reutilización, reciclaxe ou recuperación
expedidos polos xestores de destino como xustificación de entrega, incluíndo os
códigos de Listaxe Europea de Residuos (LER) e a porcentaxe de valorización
conseguido.
q. RELACIÓN DE EQUIPAMENTO
Na xustificación da adquisición
de maquinaria e equipamento, deberase achegar unha relación dos equipamentos
subvencionados na cal conste: marca, modelo, número de serie ou referencia
equivalente para a súa identificación. A factura correspondente deberá
identificar estes datos.
r. INSCRIPCIÓN NO REXISTRO PÚBLICO
No caso de bens
inscritibles no rexistro público como son os inmobles tanto en propiedade como
en aluguer, as autorizacións e concesións, os vehículos, embarcacións e
maquinaria industrial entre outros, deberá achegarse, coa última solicitude de
pagamento, a documentación acreditativa da presentación da solicitude de
inscrición da afectación do ben á subvención no rexistro correspondente, así
como copia da documentación achegada ao rexistro.
O beneficiario,
unha vez recibido o último pagamento da axuda, presentará a certificación da
inscrición rexistral da afectación do ben á subvención no prazo máximo de 6
meses.
s. MEMORIA DE ACTIVIDADES
No caso de
realización de actividades (seminarios, cursos e todo tipo de eventos)
realizarase unha memoria na que se de a coñecer a temática, a finalidade, as
conclusións, o material empregado, os participantes, os obxectivos acadados, etc.
Comunicarase toda aquela información relevante para a comprobación da execución
da actividade e o cumprimento dos obxectivos.
t. ESTUDOS, PROXECTOS TÉCNICOS, PLANOS, ETC.
Na xustificación da
realización de estudos, proxectos técnicos, planos e documentos similares,
deberase entregar un exemplar en soporte informático adecuado para posibilitar
a súa difusión. A documentación acreditará, así mesmo, o cumprimento das
obrigacións de publicidade no desenvolvemento das actuacións.
u. MATERIAL EDITADO
Deberanse achegar
copias se hai edicións de libros, folletos, guías, etc. A documentación
acreditará, así mesmo, o cumprimento das obrigacións de publicidade no
desenvolvemento das actuacións.
v. SEMINARIOS, CURSOS OU ACTIVIDADES.
Se a subvención se
concede para seminarios ou actividades semellantes, entregarase unha copia dos
temas tratados, as conclusións, os materiais empregados, un informe final sobre
o desenvolvemento da actividade e evidencias de participación dos asistentes na
actividade realizada (sinaturas, fotografías, notas de prensa, etc.) A
documentación acreditará, así mesmo, o cumprimento das obrigacións de
publicidade no desenvolvemento das actuacións.
w. PODERES ADXUDICADORES E SUBCONTRATACIÓNS
No caso de que a
persoa beneficiaria teña a condición de poder adxudicador, nos termos da Lei
9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público, achegará toda a
documentación relacionada co proceso de contratación que deberá incluír a
identificación do contratista, e dicir:
i.
Nome e apelidos
ii.
Data de nacemento
iii.
Número de identificación
fiscal a efectos do IVE
iv.
Contratos (data do contrato,
nome, referencia e importe do contrato)
Así mesmo, no caso de
contratos de valor superior a 50.000€, se o contratista, recorrese a
subcontratistas deberá achegar a seguinte información dos subcontratos
correspondentes ao primeiro nivel de subcontratación:
i.
Nome e apelidos
ii.
Número de identificación
fiscal a efectos do IVE
iii.
Información sobre os
subcontratos (data do contrato, nome, referencia e importe do contrato)
x. MODELO DE PLACA OU VALLA PERMANENTE
Modelo de valla ou
placa permanente, para a correcta difusión do proxecto. Achegaranse fotos da
colocación da publicidade do proxecto.
y. FOTOS
Fotos do proxecto.
3. Na táboa que se amosa a continuación, indícase toda a documentación a
entregar, así como algúns vínculos para poder obter a documentación tipo:
DOCUMENTACIÓN
NECESARIA PARA JUSTIFICACIÓN |
||
1 |
Anexo V – Solicitude de pagamento VER MODELO |
|
2 |
Memoria Xustificativa VER MODELO |
|
3 |
Anexo IV - Declaración outras axudas VER MODELO |
|
4 |
Relación de custos VER MODELO |
|
5 |
Facturas
|
|
Xustificantes de pago |
||
6 |
Declaración de non vinculación con
provedores VER MODELO |
|
7 |
Contabilidade Separada |
|
8 |
Certificación conta bancaria |
|
9 |
Aval bancario (plurianuais superiores
18.000€) VER MODELO |
|
10 |
Si se solicita axuda para o emprego |
Contrato laboral |
Nóminas e pagos |
||
TC1 e TC2 e pagos ou pago de autónomos |
||
Declaración e liquidación IRPF e pagos |
||
11 |
Si se puntúa a creación de emprego |
Contratos laborais asinados ou |
Informe de Traballadores en Alta (ITA) |
||
Informe de vida laboral |
||
Plantilla media de traballadores |
||
TC’s ou pagos de autónomos |
||
12 |
Certificacións de estar ao corrente: ATRIGA,
AEAT, SS |
|
13 |
Permisos, autorizacións, informes,
inscricións ou licencias |
|
14 |
Modelo 036, IAE |
|
15 |
Se é proxecto de obra |
Certificación de obra |
Certificación de xestión de residuos |
||
Licencia de obra |
||
16 |
Relación de equipamento VER MODELO |
|
17 |
Inscrición en rexistro público |
|
18 |
Memoria de actividades VER MODELO |
|
19 |
Estudos, proxectos... copia en soporte
informático |
|
20 |
Material editado (Folletos, guías, libros,
etc.) (Achegaranse ás oficinas do GALP) |
|
21 |
Acreditación seminarios/xornadas (sinaturas,
fotos, notas de prensa, etc.) |
|
22 |
Poderes adxudicadores |
Documentación relacionada coa contratación
que conteña a documentación indicada no punto w) |
23 |
Subcontratación |
Documentación relacionada coa subcontratación
que conteña la documentación indicada no punto w) |
24 |
Modelo de placa/valla de publicidade das
axudas VER MODELO |
|
25 |
Fotos do proxecto |
Comentarios
Publicar un comentario