A reunión dos GALP nacionais deu a coñecer as necesidades e os desafíos do sector do mar
O xerente do GALP Golfo Ártabro Sur, Federico
López Viñas, participou no evento no que a heteroxeneidade do sector pesqueiro,
a mellora da coordinación entre as diferentes entidades do ámbito e a
necesidade do relevo xeracional foron definidos como algúns dos retos a
superar.
As
diferentes necesidades do sector pesqueiro ao longo do territorio español así
como a mellora da coordinación entre as diferentes entidades do ámbito foron definidas
como parte dos retos a abordar na I Reunión Técnica dos GALP
para o novo período do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca e Acuicultura (FEMPA)
para o 2021-2027. O evento tivo como
obxectivo tratar a situación actual dos GALP, así como as súas futuras accións,
a continuidade dos seus proxectos, as posibles novas iniciativas e as
estratexias de desenvolvemento local. Asistiron á conferencia 41 grupos, entre
os que se atopaba o GALP
Golfo Ártabro Sur.
No encontro
extraéronse importantes conclusións. Primeiramente, a necesidade de asegurar
unha presencia equilibrada e
efectiva de todos os axentes nos instrumentos de xestión e seguimento do
Programa Operativo (PO). Tamén se tratou a importancia
de mellorar a coordinación e comunicación na instauración das diferentes
estratexias de desenvolvemento local participativo. En canto ao nivel de
execución dos proxectos, as previsións son positivas de camiño ao 2023. Tamén
se falou no evento sobre como mellorar a coordinación entre os GALP e os seus
Organismos Intermedios de Gestión (OIG). Ademais, é importante continuar coa
identificación e difusión de boas prácticas de proxectos, amosando os avances
conseguidos nestes e podendo empregarse noutros contextos. Por outra banda,
explicouse que os fondos FEMP pasarán a ser agora os fondos FEMPA.
Información
á poboación
Outro
dos elementos que se considerou clave foron as accións de formación e
información á poboación destinataria das axudas, elemento crucial para que os
diferentes GALP dean a coñecer o seu traballo e as súas funcións, abrindo paso
a novos proxectos nos diferentes territorios.
A
muller no mundo do mar
En
materia de igualdade confírmase que é necesario incrementar o número de
proxectos que teñan que ver co impulso do papel da muller no sector do mar,
para dar a coñecer a súa presenza e incrementala.
Remando para
reducir a pegada de carbono
O medio ambiente tamén foi un punto importante
a tratar nesta I Reunión. Nela falouse das diferentes accións levadas a cabo
polos GALP para reducir a contaminación no mundo do mar, e como continuar diminuíndo
a polución co obxectivo de protexer o planeta así como de reducir o consumo e
polo tanto o propio gasto.
Importancia do
relevo xeracional
O sector pesqueiro precisa de xente nova para
garantir o relevo xeracional no sector pesqueiro, cada vez máis avellentado.
Por este motivo se destacou a necesidade de levar a cabo actividades para
achegar á mocidade ao sector mariñeiro.
Comentarios
Publicar un comentario