O territorio do GALP Golfo Ártabro Sur está en continuo movemento
O territorio do GALP Golfo Ártabro Sur está en continuo movemento e isto e algo que se pode ver coas iniciativas que nos achegan dende o Concello de Sada.
O Concello de Sada está a por en marcha en
colaboración coa Fundación Acción contra a Fame o programa "Vives
Emprega Sada", para mellorar a empregabilidade e a volta ao
mercado laboral de persoas en situación de desemprego.
O obxectivo desta estratexia é facilitar o acceso a un
posto de traballo a persoas en risco de exclusión a través de traballo en
equipo e persoal para potenciar as súas competencias profesionais.
Vives Emprega Sada está destinado a: mozos e mozas
desempregadas, persoas desempregadas de longa duración, con fillos e fillas a
cargo, con discapacidade, migrantes, etc.
Quen pode participar?
Este proxecto é para
ti si eres unha persoa …
- En situación de desemprego e inscrita como demandante de emprego no
Servizo Público de Emprego de Galicia.
- Se es veciño/a de Sada.
- Queres comprometerte para
atopar un emprego.
- Tes interese en coñecerte e
descubrir o teu potencial.
- Si che gusta traballar en
equipo.
- Tes dispoñibilidade de alomenos
dúas mañás á semana.
- Tes entre 18 e 60 anos de
idade.
Cómo funciona?
Cada Vives Emprega dura cinco
meses (febreiro-xuño). Nese tempo, contarás co apoio e reforzo dun profesional
que te axudará a mellorar nas túas competencias laborais mediante:
- Sesións grupais (con dinámicas
de grupo e formación). Estas sesións suman 8 horas semanais.
- Unha sesión persoalizada ao mes
donde traballar nos teus obxectivos profesionais e cómo acadalos.
- Asistencia a eventos
profesionais e foros de emprego que che permitirán aumentar rede de
contactos.
- Participar en obradoiros e encontros con empresas reais que te
achegarán ao mercado laboral.
Como me podo apuntar?
- Podes inscribirte cubrindo este cuestionario: https://forms.gle/Vy6VrCKanHZshUGa7
- Escribindo un correo electrónico ao técnico do proxecto Alejandro Martín: amartinlopez@accioncontraelhambre.org
- Visitando a Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local, na terceira
planta do edificio do Concello.
Comentarios
Publicar un comentario