Presentada a EDLP 2023-2027 aos fondos FEMPA

Desde a directiva do GALP Golfo Ártabro Sur felicitamos a todos os colaboradores polo gran traballo colectivo realizado

 


O pasado venres 23 de setembro, dende o GALP Golfo Ártabro Sur presentamos a nosa candidatura como Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro aos fondos FEMPA (Fondos Europeos da Pesca e da Acuicultura) xunto co documento final da memoria da EDLP (Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa).

A realización da EDLP foi un gran traballo colectivo no que participaron ducias de cidadáns individuais a través das reunións físicas e online, así como as entidades socias do GALP e axentes territoriais do sector pesqueiro, acuícola e náutico, entre outros.

Desde a directiva da entidade queremos agradecer a todos a achega de ideas, o coñecemento compartido e o traballo realizado para elaborar o documento en prazo e forma, cando as datas e as marxes nas que había que traballar eran realmente curtas e complexas.

Repetir o bo traballo feito
A EDLP é un documento estratéxico que orientará a financiación dos nosos proxectos no periodo 2023-2027. Principalmente, está dirixida á promoción do sector pesqueiro aínda que abrangue, igualmente, outras liñas complementarias como diversificación, medio ambiente, patrimonio ou gobernanza.

Esperamos dende o grupo poder lograr a candidatura e traballar nos novos fondos coa mesma eficacia e eficiencia coa que se traballou neste período FEMP, superando o 99% da execución do crédito para proxectos.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024