Reunións de traballo para elaboración da EDLP

 En total, convocáronse seis reunións presenciais e online, ademais dunha asemblea extraordinaria

 


Durante os pasados tres meses, desde o GALP Golfo Ártabro Sur convocáronse reunións de traballo para a elaboración da nova EDLP (Estratexia de Desenvolvemento Local) do grupo. Ademais destas reunións presenciais e online, tamén estivo dispoñible un formulario online (https://forms.gle/dEeZA3zfoxRTYBoY7) e un email (maraberto.edlp@gmail.com) para que todas aquelas persoas, con interese, pero que non podían acudir, enviasen as súas achegas.

Todas estas mesas e reunións foron cruciais para o desenvolvemento da EDLP, así como para coñecer máis profundamente os problemas do territorio, crear sinerxias e propoñer metas para perseguir que o Golfo Ártabro Sur sexa un territorio de referencia no desenvolvemento local e no crecemento e fortalecemento do seu tecido, que traia prosperidade aos seus habitantes.


REUNIÓNS

XULLO

15/07, reunión presencial en Sada

29/07, reunión online

 

AGOSTO

11/08, reunións presencial na lonxa da Coruña

31/08, reunión presencial en Sada

 

SETEMBRO

09/09, reunión online

21/09, asemblea extraordinaria para aprobación da nova Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) 203-2027


Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio