O GALP Golfo Ártabro Sur presenta o informe socio-cultural do sector do mar
O informe socio-cultural do GALP Golfo Ártabro Sur busca sentar as bases do patrimonio marítimo do Golfo Ártabro para dar a coñecer a influencia que tivo o sector do mar na poboación. Na anualidade 2022, realizouse un informe socio-cultural cuxo obxectivo é sentar as bases de coñecemento do patrimonio marítimo, creando un documento para dar a coñecer a influencia que tivo o sector do mar na poboación do Golfo Ártabro. No día de hoxe estase a presentar publicamente o documento para que poida ser consultado na páxina web do GALP Golfo Ártabro Sur, por toda aquela persoa interesada. Este documento vai acompañado dun vídeo resumo do traballo, onde se pode ver de forma sintética a vinculación do territorio co sector do mar. Os datos recadados neste informe van dirixidos á sociedade en xeral, para dar a coñecer o patrimonio, tanto material como inmaterial e tamén o patrimonio natural, vencellado ao sector do mar no territorio GALP. Este informe realizouse con aportacións da base ...