O GALP Golfo Ártabro Sur colaborador do XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

 

Esta anualidade celebrouse en Sada o XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia entre os días 3 e 6 de agosto.

Entre os días 3 e 6 de agosto, celebrouse en Sada a XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, na que colaborou o GALP Golfo Ártabro Sur. O programa do encontro no só estivo composto por saídas a navegar, senón que estivo complementado por multitude de actividades en terra para todas as idades, con talleres, música, xogos, teatro e propostas específicas para o público infantil.

Na do encontro inauguración contouse, entre outros, coa presenza do Conselleiro de Pesca Alfonso Villares, o alcalde de Sada, Benito Portela, a Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro Susana Rodriguez, o Director Xeral de Comercio, Manuel Heredia, o diputado provincial Xosé Pernas Corral, o Presidente do GALP Golfo Ártabro Sur, Alberto Castro e como anfitrións o presidente de Culturmar, José Luis Sacau e o presidente de “Os Patexeiros” Miguel Martínez Modroño.

Dezaseis anos despois de que a flota de Culturmar navegase augas de Ferrol, en 2007, volve ao Golfo Ártabro, a unha vila mariñeira por dereito propio como é Sada. Esta localidade puxante centro turístico de primeira magnitude cun vínculo directo co mar, conta cun dos portos deportivos máis importantes de todo o litoral galego e cantábrico, conserva unha importante actividade mariñeira e sobre todo un colectivo que salvagarda as mariñas tradicionais como é “Os Patexeiros”, que conseguen seguir salpicando de velas tradicionais a ría.

Dende o GALP Golfo Ártabro Sur, estase a traballar por salvagardar o patrimonio cultural mariñeiro, polo que a súa presencia neste encontro foi imprescindible. Dende a Carpa Balbina, en honor á última embarcación tradicional patexeira do Golfo Ártabro, o GALP amosou unha exposición dos proxectos subvencionados durante o programa FEMP, así como facilitou información aos promotores que estivesen interesados nos fondos FEMPA para o desenvolvemento local nos seus eixos de traballo: valorización dos produtos pesqueiros, diversificación, medio ambiente, patrimonio socio-cultural, gobernanza e cooperación.

Estas catro xornadas XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia tiveron un grande impacto no territorio, con ampla variedade de propostas, multitude de embarcacións a nivel nacional e grande diversidade de público que puido desfrutar das actividades propostas para estes días.

 

 


Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024