O GALP Golfo Ártabro Sur está estudando a posibilidade de certificar produtos do mar baixo o selo de calidade da Reserva da Biosfera
Estase a estudar a posibilidade de que produtos do mar do Golfo Ártabro
sexan distinguidos co selo de calidade da Reserva da Biosfera
O pasado 10 de agosto nas instalacións do GALP Golfo Ártabro Sur tivo lugar unha reunión con persoal da Reserva da Biosfera, para tratar a posibilidade de certificar produtos do mar baixo o selo de calidade de Reserva da Biosfera.
No encontro tamén
se trataron diferentes temas, aproveitando a visita de Haideé García Sariego,
técnica da marca da Reserva de la Biosfera Valles de Omaña y Luna e Nayara
Martínez, alumna de Ciencias do Mar da Universitat d’Alacant, facendo un
proveitoso intercambio de experiencias.
A posibilidade de aportar aos produtos do mar
un selo de calidade, incrementaría o valor do produto, e ao mesmo tempo
proporcionaría unha distinción que facilita aos compradores o coñecemento da
orixe e a calidade do produto que está mercando.
Comentarios
Publicar un comentario