Xornadas para formación á presentación das axudas FEMPA 2024



Dende o GALP Golfo Ártabro Sur realizáronse varias xornadas de información a potenciais promotores

Nos días 15, 16 e 19 de febreiro o GALP Golfo Ártabro Sur realizou as xornadas de presentación das axudas FEMPA na convocatoria 2024. Estas xornadas tiveron como principal obxectivo conseguir que tódolos promotores teñan acceso á información, para isto realizáronse as xornadas tanto en formato presencial como en formato online.

Nestas xornadas déronse a coñecer os posibles proxectos que poden ser financiados mediante os fondos FEMPA na convocatoria do 2024 en cada un dos obxectivos estratéxicos, facendo fincapé nos seguintes eidos: pesca, comercialización, transformación, turismo, benestar social, patrimonio, medio ambiente, gobernanza, etc. Para isto, amosáronse proxectos de éxito da pasada anualidade, e incluso do pasado programa, que permitiron ver aos promotores ideas que poidan enriquecer a realización dos seus proxectos.

Para a inauguración das xornadas contouse coa presenza do secretario da entidade Manuel Suárez, quen animou aos participantes a presentar os seus proxectos no GALP. Incidiu tamén sobre a importancia dos fondos FEMPA para impulsar ao sector do mar como eixo principal do sector primario e conseguir o pulo necesario no territorio que permita un desenvolvemento sostible das actividades marítimas, proporcionando oportunidades que propicien o relevo xeracional. Así mesmo, instou aos presentes a vivir no Golfo Ártabro Sur mirando cara o mar e as súas oportunidades.

O equipo técnico do GALP Golfo Ártabro Sur foi o encargado de dar a coñecer a tódolos presentes os pormenores das axudas. Como punto central da xornada, formouse aos asistentes en presentar correctamente a documentación e conseguir o éxito no proxecto.

Cada unha das xornadas realizadas tiña un público obxectivo, a pesar de estar abertas ao público en xeral. A xornada do día 15 de febreiro realizouse na sede do GALP Golfo Ártabro Sur, en horario de tarde dedicada a un público máis xeneralizado, a cal foi un auténtico éxito. A xornada do día 16 realizouse online en horario de mañá, para favorecer a tódolos organismos públicos e empresas a súa asistencia, o que finalmente conseguiu promover multitude de proxectos. E finalmente, o día 19 realizouse en horario de mañá na Lonxa de A Coruña a xornada final dedicada especificamente ao sector pesqueiro e ás súas necesidades, co fin de facer chegar as axudas ao seu punto principal de traballo e favorecer o coñecemento das mesmas.

Unha vez finalizada a xornada, resolvéronse persoalmente todas as dúbidas existentes e asesorouse a cada unha das persoas asistentes de forma individual na temática correspondente.

Con estas xornadas buscábase dar un pulo ao sector do mar, feito que se viu reflexado na convocatoria.

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024