Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024
O GALP Golfo Ártabro Sur recibe
proxectos por máis de 1.500.000 euros.
O GALP Golfo Ártabro Sur consegue un importante éxito nesta convocatoria de axudas 2024, acollendo proxectos por máis de 1.500.000 euros.
Tras o fito acadado na primeira convocatoria das axudas FEMPA no
ano 2023, con proxectos por máis de medio millon de euros, o GALP triplica este
logro e acaba proxectos por máis de un millón e medio de euros no 2024.
Este resultado na convocatoria é o colofón a uns meses de grande
traballo dende a equipa técnica e xunta directiva para lograr acadar os
resultados e compromisos da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo
(EDLP), que o grupo elaborou para a xestión dos fondos FEMPA no territorio.
Entidades de todo tipo do territorio son os promotores, que
presentaron os seus proxectos ao longo do mes de febreiro. As temáticas dos
proxectos son moi variables, pero vese unha importante presenza do sector
pesqueiro e de actividades vencelladas a él. Cabe destacar tamén a
concienciación dos proxectos en temáticas de eficiencia enerxética, así como en
accesibilidade.
Ao longo do mes de marzo a actividade do GALP estará no seu punto álxido, debido á realización dos procedementos necesarios para a instrución dos proxectos que no
mes de abril se entregarán á Consellería do Mar, tras a proposta decisión de
concesión da Xunta Directiva do grupo,
para realizar as resolucións finais.
Comentarios
Publicar un comentario