Actividades de Sensibilización e Valorización no Golfo Ártabro Sur – Mar de Mares



O proxecto "Mar de Mares" pretende resaltar a riqueza do océano e concienciar sobre os desafíos que afronta este esencial ecosistema. A través do Festival Mar de Mares, combínanse diversas disciplinas como arte, ciencia, activismo, educación, gastronomía, deporte e emprendemento para crear unha plataforma integral en apoio ao mar. A continuación, detalhamos as actividades desenvolvidas dentro deste proxecto:

Exposición Fotográfica de Mandy Barker

Mandy Barker, unha das fotógrafas máis destacadas na actualidade, presentou a súa serie “Sopa de plástico” en espazos públicos de Sada e Oleiros. Esta exposición fotográfica, centrada na problemática da contaminación por plásticos nos océanos, captou a atención de numerosos visitantes. As imaxes, que destacan a presenza de residuos plásticos no mar, son utilizadas para sensibilizar ao público sobre a importancia de reducir a contaminación marina. O carácter estético e impactante das fotografías axuda a transmitir un poderoso mensaxe ambiental.

Talleres para Escolares de Educación Primaria

Para fomentar a consciencia ambiental desde idades temperás, realizáronse talleres dirixidos aos centros escolares do Golfo Ártabro Sur. Durante estas actividades, os nenos tiveron a oportunidade de crear mensaxes artísticas empregando residuos plásticos recollidos nas praias locais. A través desta acción simbólica e participativa, buscouse inculcar nos máis pequenos a importancia de coidar os mares e reducir a súa contaminación, promovendo un compromiso activo co medio ambiente.

Talleres para Colectivos Desfavorecidos

Adaptando as actividades á realidade de colectivos desfavorecidos, organizáronse talleres específicos para estas comunidades. Estas sesións, similares ás realizadas con escolares, foron adaptadas para mellorar a accesibilidade e participación de todos os asistentes. O obxectivo era promover a sensibilización sobre a contaminación por plásticos e a necesidade de protexer os mares, proporcionando unha plataforma para que estes colectivos tamén puidesen expresar e compartir o seu compromiso co medio ambiente.

Encontros Inspiradores ao Redor do Mar

O proxecto incluíu dez sesións educativas para alumnado de Institutos e Centros de Formación Profesional do Golfo Ártabro Sur. Profesionais especializados en diversas áreas do mundo do mar visitaron os centros educativos para interactuar co alumnado, compartindo o seu coñecemento e experiencia. As sesións abordaron temas como:

  • Ciencia e Mar: Incluíron intervencións de expertos do IEO e visitas a zonas intermareais para observar a fauna mariña.

  • Mulleres e Mar: Profesionais do sector, preferentemente da área local, falaron sobre o seu papel e contribución no ámbito mariño.

  • Emprendemento e Mar: Mostraron exemplos de iniciativas empresariais no sector maritímo, inspirando aos alumnos sobre posibles carreiras e oportunidades de emprego.

Exposición Somos Mar II

Esta exposición destacou a relación entre o ser humano e o medio mariño, centrando a súa atención na necesidade de coidar o océano. A mostra incluíu artes plásticas, vídeo, instalación, fotografía e escultura, con obras creadas especificamente para esta exposición. Un dos aspectos innovadores foi a posibilidade de interactuar directamente coas e os artistas, artesáns e colectivos ambientais, fomentando un maior entendemento e apreciación do mar.



Talleres Creativos e Presentacións

Durante o proceso de creación das obras para “Somos Mar II”, artistas e artesáns do Golfo Ártabro Sur ofreceron talleres gratuitos ao público. Estes talleres permitiron aos participantes involucrarse activamente na creación das obras e comprender mellor o proceso artístico e ambiental detrás delas.

O proxecto "Mar de Mares", realizado coas axudas do GALP nas anualidades 2019-2020-2021, tivo como finalidade crear unha maior consciencia e valorizar o océano, implicando á comunidade en iniciativas que promovan a protección e o coidado do noso entorno mariño. Este festival segue a realizarse anualmente a través da asociación Redes de Sal, e este ano 2024 contou con actividades ao longo do mes de xuño. Para máis información sobre o festival, visita a páxina web: https://festivalmardemares.org/gl/


Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024