Xa temos gañador do concurso de fotografía “Ollando cara ao mar II”
Dende o grupo anunciamos con estusiasmo que un ano máis o concurso “Ollando cara ao Mar” tivo unha participación moi importante, e deixounos maravillosas olladas cara ao mar, que foron expostas nas nosas redes sociais.
Dende o GALP Golfo Ártabro Sur felicitamos a Daniel Díaz pola súa impresionante instantánea e farémoslle entrega dunha estancia espectacular nas Cabanas de Canide (Proxecto subvencionado dende o GALP golfo Ártabro Sur). Do mesmo xeito, queremos agradecer a todos aqueles participantes no roteiro, por compartir as vosas incribles olladas. E esperamos poder contar coa vosa participación na vindeira anualidade e seguir atesourando olladas cara o noso mar.
“Ollando cara ao mar II”
Dende o 25 de xullo, aproveitando a proximidade do día de Galicia, O GALP Golfo Ártabro Sur lanza o concurso de fotografía, para poñer en valor a beleza das nosas rías, a tradición vencellada ao mar e a importancia que ten en galicia o mar na súa vida e no desenvolvemento das súas xentes.
Dende ahí ata o día 10 de agosto, todos aqueles que ollaron cara ao mar, puideron retratar a beleza das súas augas e as fermosas paisaxes que nos brinda, para envialas por correo electrónico ao GALP. Así mesmo, o público das redes sociais do grupo puideron ser coñecedores e xuíces da fermosura que cada unha delas posúe.
Finalmente o 19 de agosto, coincidindo co Día Mundial da Fotografía, o GALP Golfo Ártabro Sur anunciou o gañador do concurso. Ao que nos próximos días fará a entrega do seu premio.
Comentarios
Publicar un comentario