Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2024

20 DE SETEMBRO ÁS 14:00 DATA LÍMITE PARA PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA PRÁZA DE PERSOAL TÉCNICO DO GALP GOLFO ÁRTABRO SUR

Imagen
   DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES O VENRES 20 DE SETEMBRO 2024 ÁS 14:00 Públicase as bases para contratación de persoal técnico para o GALP Golfo Ártabro Sur. Acordo  de Xunta Directiva de 19 de Agosto de 2024. Datas de publicación 28 de agosto ao 17 de setembro de 2024 Bases de Contratación Temario   ANEXO III – Temario para a proba escrita (Proba 2ª) 1. Estatutos da asociación Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur. 2. Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a asociación “Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur” para a aplicación da estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027. 3. Estratexia do Desenvolvemento Local da Zona Pesqueira do Golfo Ártabro Sur 2023-2027. 4. Programa Operativo para España do FEMPA (Programa SFC2021 para el FEMPA), aprobado por decisión da Comisión de 29 de novembro de

Presentación da terceira edición do roteiro Son do Mar na sede do GALP Golfo Ártabro Sur

Imagen
Presentouse onte ás 11:00 horas na sede do GALP GOLFO ÁRTABRO SUR, a terceira edición de SON DO MAR. Na rolda de prensa estiveron presentes o Presidente do GALP, don Alberto García Castro e o director do roteiro teatralizado Afonso García Penas, de Alentía Teatro. O sábado, día 21 deste mes de setembro, chega SON DO MAR III á Coruña. Organizado polo GALP GRUPO DE ACCIÓN LOCAL DO SECTOR PESQUEIRO GOLFO ÁRTABRO SUR e realizado por Alentía Teatro. Este evento comezará ás 9:30 horas na Praza do Humor – Mercado de San Agustín. Haberá alí un posto informativo. SON DO MAR é un roteiro teatral que mergulla na memoria d ́A Coruña de mediados do século pasado, na lembranza de homes e mulleres que viviron os avatares do mar, o que ofrecía e o que engulía, a mantenza e a traxedia levadas en común; que foron capaces de enfrontar a existencia con valentía e enxeño; que nos ensinaron a valernos do mar e no mar. A partir das 09:30, dende a Praza do Humor