Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como relevo2020

Publicado o listado definitivo dos alumnos de Relevo2020 que optarán a participar na viaxe ao País Vasco

Imagen
O pasado martes 22 de xuño tivo lugar en Santiago a presentación oral dos traballos da segunda edición do programa Relevo2020. O xurado comprobou que todas as ideas expostas polo alumnado contribuían á dinamización do seu territorio e, ademais do esforzo por sintetizar a formación recibida nos pasados catro meses, eran tamén un gran exemplo de emprendemento para dinamizar economicamente o sector pesqueiro local buscando novas vías de negocio. As valoracións da parte oral e escrita xa están publicadas na web relevo2020.org e nas oficinas dos GALP. O candidato de cada GALP que obteña a maior puntuación total participará nunha viaxe de estudo ao País Vasco que, se a situación o permite, levarase a cabo o próximo mes de setembro.   𝗥𝗲𝗹𝗲𝘃𝗼𝟮𝟬𝟮𝟬 é un dos tres programas de cooperación dos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP) nos que está asociado o GALP Golfo Ártabro Sur. Neste caso xunto co GALP A Mariña-Ortegal, GALP Golfo Ártabro Norte, GALP Costa Sostible e...

Os participantes no programa Relevo 2020 coñecen diferentes instalacións pesqueiras de Ferrol, Sada e Rianxo

Imagen
Os participantes no programa Relevo 2020, que busca garantir o relevo xeracional no sector pesqueiro, coñeceron nas últimas semanas diferentes instalacións relacionadas co mundo do mar ao longo da nosa costa. En Rianxo, por exemplo, mantiveron un encontro co Consello Regulador do Mexillón de Galicia e cos responsables da empresa Intramar, que organiza actividades e saídas de carácter cultural, medioambiental e patrimonial na súa embarcación "Chasula".  Así mesmo, o alumnado do dos GALP Golfo Ártabro Sur , Golfo Artabro Norte e A Mariña-Ortegal visitaron a escola Náutico-pesqueira de Ferrol, mentres que no concello de Sada , coñeceron a lonxa e aprenderon de primeira man o funcionamento das poxas. 

Comeza o proxecto Relevo2020 para garantir o relevo xeracional no mundo do mar

Imagen
O programa de formación tamén apostará pola sensibilización co medio que nos rodea A iniciativa está promovida por cinco dos oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro que hai en Galicia Ben puntual, ás 18.05h daba comezo onte no auditorio do Museo do Pobo Galego o Acto de Presentación do proxecto RELEVO2020 e facíao da man dunha mesa de mulleres:  - Fátima Abal, alcaldesa de Cambados e membro da xunta directiva do GALP Ría de Arousa, grupo coordinador do proxecto, - Susana Rodríguez Carballo, directora xeral de desenvolvemento pesqueiro e  - Rosa Carballo, xerente do grupo de acción local de pesca Ría de Arousa. Si nalgo coincidiron as intervencións foi en destacar a importancia da formación con mozos e mozas e en sensibilizar de cara ao entorno que nos rodea e en concreto en canto ao sector pesqueiro que, tan  descoñecido resulta á veces aínda para algunhas persoas. O cambio de mesa deu paso á parte máis técnica da iniciativa na que, a xerente do GALP de Arousa es...

O GALP Golfo Ártabro Sur participa na VII edición do Festival Mar de Mares financiando unhas xornadas inspiradoras nos centros escolares da comarca

Imagen
As charlas “Oficios do mar” pretenden atraer aos mozos e mozas ao mundo do mar co obxectivo de buscar relevo profesional no sector O groso do festival está previsto entre o 24 e 27 de setembro, pero os encontros nos colexios poden celebrarse ata decembro, previa solicitude en info@festivalmardemares.org Sada, 3 de setembro de 2020.- O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur participa un ano máis no Festival Mar de Mares e nesta VII edición faino presentando os Oficios do mar   á mocidade dos centros educativos da comarca. O Galp Golfo Ártabro Sur financia unhas novas xornadas inspiradoras tituladas Oficios do mar  coas que se pretende atraer aos mozos e mozas a este mundo, na busca de relevo xeracional. O groso do festival, presentado esta mañá na Fundación Paideia, terá lugar entre os días 24 e 27 de setembro na cidade da Coruña, pero estas charlas celebraranse entre setembro e decembro nos centros educativos que o soliciten dos concellos de Ar...

O proxecto Relevo2020 ultima a súa botadura

Imagen
O proxecto de colaboración RELEVO 2020 é unha iniciativa de carácter formativo promovida por cinco dos oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro que hai en Galicia. Despois de máis de dous meses adicados á promoción e difusión, contacto con entidades colaboradoras e captación de alumnado o proxecto RELEVO 2020 preséntase nun ACTO que terá lugar o vindeiro xoves día 3 de setembro ás 18h no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela. A iniciativa que prevé comezar coas sesións presenciais entre o 15 e o 20 de setembro, diríxese a mozos e mozas maiores de 16 anos que estean empadroados nalgún dos 50 concellos que conforman os territorios dos cinco GALP promotores (ver información en relevo2020.org). O proxecto desenvolverase en dous cuatrimestres (o primeiro de setembro a decembro de 2020 e o segundo de xaneiro a abril de 2021) e contará con 30 prazas en cada un dos territorios, que serán cubertas por orde de inscrición e atendendo a un reparto homoxéneo nos concellos dos terri...