Os participantes no programa Relevo 2020 coñecen diferentes instalacións pesqueiras de Ferrol, Sada e Rianxo
Os participantes no programa Relevo 2020, que busca garantir o relevo xeracional no sector pesqueiro, coñeceron nas últimas semanas diferentes instalacións relacionadas co mundo do mar ao longo da nosa costa.
En Rianxo, por exemplo, mantiveron un encontro co Consello Regulador do Mexillón de Galicia e cos responsables da empresa Intramar, que organiza actividades e saídas de carácter cultural, medioambiental e patrimonial na súa embarcación "Chasula".
Así mesmo, o alumnado do dos GALP Golfo Ártabro Sur, Golfo Artabro Norte e A Mariña-Ortegal visitaron a escola Náutico-pesqueira de Ferrol, mentres que no concello de Sada, coñeceron a lonxa e aprenderon de primeira man o funcionamento das poxas.
Comentarios
Publicar un comentario