Publicado o listado definitivo dos alumnos de Relevo2020 que optarán a participar na viaxe ao País Vasco
O pasado martes 22 de xuño tivo lugar en Santiago a presentación oral dos traballos da segunda edición do programa Relevo2020. O xurado comprobou que todas as ideas expostas polo alumnado contribuían á dinamización do seu territorio e, ademais do esforzo por sintetizar a formación recibida nos pasados catro meses, eran tamén un gran exemplo de emprendemento para dinamizar economicamente o sector pesqueiro local buscando novas vías de negocio.
As valoracións da parte oral e escrita xa están publicadas na web relevo2020.org e nas oficinas dos GALP. O candidato de cada GALP que obteña a maior puntuación total participará nunha viaxe de estudo ao País Vasco que, se a situación o permite, levarase a cabo o próximo mes de setembro.
𝗥𝗲𝗹𝗲𝘃𝗼𝟮𝟬𝟮𝟬 é un dos tres programas de cooperación dos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP) nos que está asociado o GALP Golfo Ártabro Sur. Neste caso xunto co GALP A Mariña-Ortegal, GALP Golfo Ártabro Norte, GALP Costa Sostible e GALP Ría de Arousa. En concreto, Relevo2020 busca o relevo xeracional no sector pesqueiro mediante a capacitación de mozos e mozas maiores de 16 anos, a través da formación e mellor coñecemento dos recursos dos territorios.
Comentarios
Publicar un comentario