Onte se celebrou a Xornada de Traballo para Elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo do GALP Golfo Ártabro



Onte celebrouse na Casa do Concello de Sada a primeira reunión para a elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Local do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, que está promovendo o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro.
Queremos agradecer a tódalas as persoas e entidades do territorio, que compartiron o seu tempo nesta actividade de construcción colectiva da Estratexia que implementaremos nos vindeiros anos.
A reunión, presidida polo presidente do GALP, Andrés García Boutureira, contou cunha ampla participación de representantes de diferentes asociacións do sector pesqueiro, asociacións de redeiras, asociacións empresariais, concellos, confrarías,  clubes náuticos e organismos públicos, entre outros. Entre estas poderíamos destacar a Acerga, Confraría de Sada, o concello de Sada e o concello de A Coruña, Ceida, Reserva da Biosfera Mariñas Betanzos, Asociación de minoristas e exportadores do Porto de Coruña, Autoridade Portuaria de Coruña, Agrupación de mariscadores do Burgo da Confraría de Pescadores da Coruña, etc. Tamén persoas que a título persoal se interesaron por este proxecto.
Esta reunión, serviu para dar o arranque ao proceso de participación de elaboración da EDLP, que quedará rematada a principios do mes de decembro. Abordáronse tres ámbitos de traballo, destacando:
·         No sector pesqueiro a importancia da valorización dos produtos pesqueiros en fresco, a importancia de incidir no seu consumo en diferentes ámbitos, a necesidade de loitar contra a contaminación das augas e a súa incidencia no medio mariño e costeiro, etc.
·         No ámbito da diversificación económica e o turismo, a relevancia que ten o Camiño Inglés como motor de dinamización do turismo, aproveitando a sinerxía cos ámbitos pesqueiro e patrimonial como motores de desenvolvemento, a trascendencia da actividade náutica e actividades lúdico deportivas vinculadas ao mar.
·         No ámbito ambiental e patrimonial destacou a importancia de mellorar a calidade e a preservación da biodiversidade da rías, a importancia do ecoturismo, e tamén, o reforzo do extenso patrimonio material da zona e o inmaterial vinculado ao ámbito mariño, marítimo e pesqueiro.
A próxima cita será o día 17 de novembro da partir das 17 horas na Casa do Mar de Sada, onde terán lugar unha serie de mesas sectoriais de traballo. (Medioambiente e patrimonio ás 17 horas, economía e turismo ás 18 horas e sector pesqueiro ás 19 horas).





Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024