O Vindeiro venres 25 de novembro de 2016. Salon de Actos Lonxa Coruña Mesa Sector Pesqueiro GALP Golfo Ártabro Sur
O vindeiro venres 25 de novembro 2016 no Salón de Actos da Lonxa de A
Coruña, Sita no Porto Linares Rivas s/n. Terá lugar a derradeira mesa
de traballo para elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Local
Participativo do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro "Golfo
Ártabro Sur", esta actividade enmarcase dentro das accións do GALP como
Candidato a ser entidade colaboradora da Consellería do Mar para o
programa dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro 2014-2020,
financiados polo Fondo Europeo Marítimo Pesqueiro.
A xornada terá como obxecto traballar as liñas relacionadas coa cadea
de producción e valor do sector pesqueiro así como aquelas de
diversificación e innovación. Están invitadas tódalas empresas e
entidades do sector pesqueiro do Territorio do GALP Golfo Ártabro Sur. O
acceso ao Porto deberá realizarse pola entrada principal de San Diego
na AC-10.
Dia: 25 de novembro 2016, venres
Hora: 17:00
Lugar: Salón de Actos da Lonxa de A Coruña
Porto de Linares Rivas s/n
Dia: 25 de novembro 2016, venres
Hora: 17:00
Lugar: Salón de Actos da Lonxa de A Coruña
Porto de Linares Rivas s/n
Comentarios
Publicar un comentario