OS RECORDAMOS QUE ESTA ABERTO O PRAZO PARA PRESENTACIÓN AXUDAS AO ABEIRO DA EDLP DO GALP GOLFO ÁRTABRO SUR COAS NOVAS BASES PUBLICADAS NO DOGA





Podes presentar a solicitude de axuda ao GALP Golfo Ártabro Sur por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia:
Co fin de facilitar a presentación electrónica o GALP Golfo Ártabro Sur habilita un horario especial de consultas LUNS a VENRES de 10 :00 a 14:00 o concertar una cita no teléfono 881.896.417

NOVAS BASES DE AXUDA
ORDE DE 21 DE DECEMBRO DE 2018 POLA QUE SE ESTABLECE AS BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS PARA PROXECTOS AO ABEIRO DA ESTRATEXIAS DE DESENVOLVEMENTO LOCA PARTICIPATIVO (EDLP), APROBADAS PARA OS GRUPOS DE ACCIÓN LOCAL DO SECTOR PESQUEIRO PARA O DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE DAS ZONAS DE PESCA NO MARCO DO FONDO EUROPEO MARÍTIMO E DE PESCA 2014-2020, E SE CONVOCAN AS CORRESPONDENTES AO ANO 2019
DOGA 31 DE XANEIRO DE 2019 VER AQUÍ
 

ABERTO O PRAZO DE
SOLICITUDES AXUDA ABEIRO DA ESTRATEXIA LOCAL DE DESENVOLVEMENTO PARTICIPATIVO DO GALP GOLFO ARTABRO SUR

PROXECTOS LOCALIZADOS NO AMBITO TERRITORIAL:
Arteixo, A Coruña, Culleredo, Cambre, Oleiros, Sada e Bergondo
*Excepcións: no Concello de A Coruña, por ser un municipio densamente poboado non computa a totalidade da poboación (só a integrante do sector pesqueiro e as súas familias), polo que só poderán ser beneficiarios de axudas:
- As persoas xurídicas e as persoas físicas integrantes do sector pesqueiro e as súas familias

 A CONVOCATORIA ABERTA ATA 1 DE MARZO DE 2021, CADA ANO O 1 DE MARZO , SELECCIÓNANSE OS PROXECTOS PRESENTADOS ATA ESA DATA, E SE NON SE CUBRE O IMPORTE DE AXUDAS PARA ANUALIDADE, SELECCIONARANSE PROXECTOS PRESENTADOS ATA 1 DE SETEMBRO SEMPRE DEPENDENDO DA DISPOÑIBILIDADE ORZAMENTARIA.

TIPOLOXÍA DE PROXECTOS:

- PROXECTOS PARA INVESTIMENTO PRODUTIVO: Actividades que supoñen a realización dunha actividade económica, tendentes á produción de bens ou servizos e que supoñen unha creación e/ou mantemento de emprego.
- PROXECTOS PARA INVESTIMENTO NON PRODUTIVO: Os que non supoñan o inicio ou desenvolvemento dunha actividade económica. Así mesmo, terán este carácter os proxectos de interese público que, mesmo constituíndo unha actividade económica ou estando afectados a unha actividade económica, non incidan sobre o réxime de competencia no territorio de que se trate.

REQUISITOS:
§ Contribuír aos obxectivos da Estratexia de desenvolvemento local participativo do Galp Golfo Ártabro Sur.
§ Estar localizados no ámbito territorial elixible do Galp Golfo Ártabro Sur.
·         Ser viables técnica e economicamente.
§ Axustarse á normativa sectorial (comunitaria, estatal e autonómica) que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto.

BENEFICIARIOS
Proxectos produtivos: Persoas físicas ou xurídicas que cumpran requisitos sinalados no artigo 6. da Orde de axudas (DOG nº 31 xoves de 31 de xaneiro de 2019).
Proxectos non produtivos:
a) Confrarías de Pescadores e as súas federacións
b) Asociacións profesionais do sector pesqueiro e as súas federacións
c) Entidades sen ánimo de lucro integradas só por confrarías de pescadores e/ou asociacións do sector pesqueiro
d) Entidades públicas locais
e) Asociacións declaradas de utilidade pública
f) Entidades sen ánimo de lucro que teñan entre os seus obxectivos, algún dos seguintes:
o   Fomentar as actividades náuticas.
o   Promocionar os produtos pesqueiros do territorio.
o   Fomentar o ambiente mariño e costeiro.
o   Promover o patrimonio cultural marítimo pesqueiro 
  Unicamente serán admisibles para tramitar a axuda aqueles proxecto directamente relacionados coas actividades principais que figuren no obxecto social das asociacións e entidades mencionadas no punto anterior.
Beneficiarios conxuntos segundo artigo 8 da Orden de Axudas
Cooperación segundo artigo 8 da Orden de Axudas.
SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN:
- Modelo Normalizado de solicitude de axuda: ANEXO I
- Acceso ao procedemento PE155A, para presentación electrónica preme aquí. 
Presentación electrónica será obrigatoria para administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para as que se requira colexiación obrigatoria. Ver art. 19 da nova orde.
Con carácter xeral, xunto coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación, acompañada dun índice e ordenada segundo se indica a continuación:

a) Acreditación da personalidade:
1. Persoa física
Ø  Copia cotexada do DNI da persoa solicitante.
Ø  Certificado de empadroamento da persoa solicitante.
2. Persoa xurídica

Ø  Copia cotexada NIF entidade solicitante
Ø  Copia cotexada DNI da persoa representante
Ø  Certificación do órgano competente na cal se especifique o acordo polo que se lle concede autorización para facer a solicitude ao asinante dela.
Ø  Certificación do órgano competente na cal se acredite o desempeño actual do cargo.
Ø  Copia compulsada da escritura de constitución ou dos estatutos da entidade debidamente inscritos no rexistro, segundo o caso correspondente.
* Quedan exoneradas do cumprimento deste requisito as confrarías de pescadores e as súas federacións.
b) Proxecto para o cal se solicita a subvención
Ø  Memoria e orzamento que conteña unha descrición do proxecto conforme os modelos que figuran na páxina web da Consellería do Mar (produtivos, produtivos Conxuntos ou de Cooperación, produtivos de Turismo, non produtivos, non produtivos Conxuntos ou de Cooperación) :
Ø  No orzamento detallado de cada un das accións propostas, o IVE deberá vir separado e acompañarase da documentación xustificativa os custos incluidos (orzamentos, contratos, facturas pro-forma....)
Ø  Tres ofertas de distintos provedores, para a contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren. 
Ø Declaración Responsable de non existencia de vinculación entre o promotor do proxecto e os provedores.
c) Acreditación do IVE soportado non recuperable polo promotor, se é o caso

d) Proxecto técnico de execución, se é necesario. En actuacións sobre inmobles presentarase un proxecto básico ou un anteproxecto valorado que permita unha definición exacta da intervención que se vai realizar e o seu custo.

e) Acreditación da capacidade legal do uso e desfrute ou propiedade dos bens relacionados co proxecto. A acreditación deberá realizarse mediante escritura pública de compra-venda ou certificado do rexistro da propiedade, ou mediante cesión en escritura pública ou contrato de aluguer por un período mínimo de 10 anos.

f) Para acreditar a condición de familiar (segundo artigo 6.C. da Orde de Axudas) deberase presentar a seguinte documentación.
Ø  Libros de familia nos que figuren todos os membros da unidade familiar e/ou documentación acreditativa do parentesco.
Ø  Documentación que acredite a condición de pescador/a, mariscador/a, acuicultor/a ou traballador/a do sector pesqueiro, dun membro da unidade familiar.
Ø  Informe de vida laboral da persoa a que se refire o punto anterior.
g) Outra documentación que sexa necesaria ou adecuada para a correcta valoración do proxecto presentado.

h) Se se trata tamén dun INVESTIMENTO PRODUTIVO tamén terá que presentar:

ANEXO IIA  
En caso de sociedades, fotocopia dos balances e contas de explotación dos derradeiros 3 anos
Ø  Último recibo pagado do imposto de actividades económicas (IAE) ou certificado da exención, no caso de empresarios individuais. No caso de inicio de actividade empresarial, será suficiente o compromiso de darse de alta no IAE.
i) Certificacións acreditativas de estar ao corrente no pagamento das súas obrigas tributarias co Estado, coa Comunidade Autónoma e coa Seguridade Social.

NORMATIVA E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA CONSULTA:

- DOCUMENTO DE ESTRATEXIA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL PARTICIPATIVO DO GOLFO ÁRTABRO SUR AQUI




NOTAS DE INTERESE PARA O PROMOTOR

1) Os proxectos poderan ser anuais ou plurianuais (máximo 30 meses). Recomendase que se realicen proxecto plurianuais. 



2) As xustificacións anuais serán presentadas antes do 31 de outubro por regla xeral (a menos que a resolución indique unha data diferente). Polo que en proxectos plurianuais terase en conta esta cuestión xa que as accións ou actividades que se realicen despois desta data, se deberan xustificar na anualidade seguinte. E deberá reflexarse no cronograma da memorias.

A resolución da axuda soe sair o longo do mes de setembro, polo que o período para xustificar as accións o actividades financiadas e moi curto para os proxectos anuais, recomendase que si se vai a esperar a recibir a resolución para executar o proxecto se teña en conta no cronograma do proxecto.



3) Na derreira solicitude de pago, o promotor deberá ter todalas licencias e permisos, polo que o promotor o terá en conta ó realizar o cronograma da memoria do proxecto (recomendase ampliar un período de 3 a 6 meses, segundo a complexidade do proxecto), para esta derredeira xustificación.


4) Recomendase que non se deixe o pago das facturas e realización das accións para os derradeiros días previos a data xustificación da solicitude de pago axuda.

5) Recordase que nos proxectos plurianuais onde existen pagos parciais ou anticipos solicitados, sexan superiores a 18.000€, deberase presentar un aval bancario polo 110% do importe solicitado, que deberá depositar na Caixa de Depositos da Xunta de Galicia, o tempo que estará activo será ata que a Consellería do Mar verifique que se realizou totalmente o proxecto e devolva ou cancele o aval ao promotor, previa solicitude de cancelación na derradeira xustificación da axuda. Isto e importante para ter en conta os custes financeiros asociados a este punto.

Seguiremos ampliando proximamente este apartado.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024