Sada acollerá mañá unha xornada sobre os plásticos mariños organizada polo GALP Golfo Ártabro Sur
            ·         Diferentes organismos e empresas abordarán a problemática dos residuos que se atopan no mar e sobre como estes poden ser reempregados.           ·         Na inauguración do evento estarán o presidente do GALP Golfo Ártabro Sur, o alcalde do Concello de Sada, un representante da Consellería do Mar e o xestor da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.     Sada, 29 de agosto. Mañá, venres 30 de agosto, terá lugar a xornada “Por un mar de vida e oportunidades”  organizada polo GALP Golfo Ártabro Sur . Nela abordaranse os coñecementos e retos para a redución e eliminación dos plásticos mariños  e como estes residuos poden constituír unha oportunidade para o emprendemento ao darlles unha segunda vida. O acto terá lugar de 10:00 a 14:00 horas  no salón de plenos  do Concello de Sada .     O evento conta coa colaboración do Concello de Sada  e a Reserva de Biosfera ...