O problema do lixo mariño protagonizará a próxima xornada do GALP Golfo Ártabro Sur




·    Baixo o lema "Por un mar de vida e oportunidades", o grupo de acción organizará, o próximo 30 de agosto, unha cita no salón de plenos do Concello de Sada.

Baixo o lema "Por un mar de vida e oportunidades", o GALP Golfo Ártabro Sur organizará unha xornada na que o lixo mariño será o gran protagonista. A cita terá lugar o venres 30 de agosto, entre as 10.00 e as 14.00 horas no salón de plenos do Concello de Sada.

A xornada, que conta coa colaboración do Concello de Sada e da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, estará dividida en tres bloques temáticos nos que intervirán diferentes organismos e empresas expertas na materia. 

O primeiro bloque, Coñecementos e retos para a redución e eliminación dos plásticos mariños, contará coa presenza de poñentes do Centro Tecnológico del Mar -Fundación CETMAR e do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia –Intecmar-. Neste apartado, o obxectivo é que as institucións convidadas poidar achegar a súa experiencia sobre a redución de lixo mariño.   

Os residuos e plásticos mariños como unha oportunidade para o emprendemento centrarán o segundo apartado temático. Ecoembes e as redeiras de Corme explicarán ao público asistente como se lle pode dar unha segunda vida ao lixo mariño para convertelo en toda una oportunidade. As redeiras de Corme recollen, entre outros materiais, boias e restos de redes para elaborar bolsos, colares e, en xeral, todo tipo de artesanía.

Por último, o terceiro bloque contará cunha Mesa de experiencias na que intervirán Mar de Fábula, Nauga e Agua sin huella, que falarán, en primeira persoa, sobre como reducir o lixo mariño. Mar de Fábula dedícase, por exemplo a traballos de limpeza na costa seguindo os seguintes pasos: inspección visual do lugar, recollida de plásticos, transporte, almacenaxe e clasificación dos materiais recollidos.
Con estas xornadas, o GALP Golfo Ártabro Sur mantén o seu compromiso medioambiental e busca promover o coidado do mar e, en xeral, do medio ambiente entre os asistentes.

As persoas interesadas en tomar parte nesta xornada poderán inscribirse enviado un correo a galpgolfoartabrosur@gmail.com, mediante o teléfono 881.896.417 ou no seguinte formulario PINCHA AQUÍ do GALP Golfo Ártabro Sur.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024