A convocatoria dos X Premios Excelencia a la Innovación para Mujeres Rurales seguir aberta ata o luns


O prazo de presentación de candidaturas para a X edición dos Premios de Excelencia a la Innovación para Mujeres Rurales pechará o vindeiro luns, 5 de agosto. Os galardóns, que foron convocados pola Dirección General de Desarrollo Rural, Innovación y Política Forestal del Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, pretenden impulsar o importante traballo que están a facer as mulleres no rural. Así como destacar a súa traxectoria no sector.

A través destes premios recoñécense os proxectos agrarios, pesqueiros e acuícolas máis innovadores e orixinais, así como as accións que impulsen a actividade económica e o emprendemento. 

Os premios divídense en catro categorías, con 3 proxectos premiados cada unha:

-      “Excelencia a la innovación en la actividad agraria”
-      Excelencia a la innovación en la actividad pesquera o acuícola”.
-      “Excelencia a la innovación en diversificación de la actividad económica en el medio rural o zonas costeras rurales”
-      “Excelencia a la comunicación”

En cada categoría as iniciativas galardoadas levaranse:
-      1º posto: 18.000 €
-      2º posto: 12.000 €
-      3º posto: 7.500 €.
Haberá tamén un recoñecemento honorífico pola traxectoria vencellada ao apoio ás mulleres no medio rural. 
Toda a información da convocatoria e sobre como participar nela en detalle nas seguintes ligazóns:

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024