Proposta provisional Xunta Directiva GALP GOLFO ÁRTABRO SUR proxectos marzo Convocatoria 2021
PROPOSTA XUNTA DIRECTIVA GALP GOLFO ÁRTABRO SUR CONVOCATORIA 2021 |
Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Sur, en reunión celebrada hoxe 6 de abril de 2021, seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta e no estipulado na “Orde de Axudas do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2019”:
CERTIFICACIÓN DO ACORDO DA XUNTA DIRECTIVA
PROPOSTA DE RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE CONCESIÓN DE AXUDAS E DE DESESTIMACIÓN DE AXUDAS
AVALIACIÓN DE PROXECTOS PRODUTIVOS E PROXECTOS NON PRODUTIVOS
Esta proposta da Xunta Directiva para os proxectos da Convocatoria de Marzo de 2021 é unha resolución provisional que non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto. Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anuncios da oficina do GALP Golfo Ártabro Sur. Tal e como se reflicte no artigo 24.3 da Orde de bases do 21 de decembro de 2018, da Consellería do Mar, outórgase un prazo de alegacións contra esta resolución de 5 días hábiles contados desde a súa publicación. Unha vez contestadas as alegacións, se as houbera, o GALP Golfo Ártabro Sur, formulará a proposta de resolución definitiva que será publicada da mesma forma e nos mesmos lugares que a resolución provisional.
Comentarios
Publicar un comentario