Reunión do proxecto Tanza para dinamización de proxectos de inclusión social no territorio GALP Golfo Ártabro Sur

Este venres 9 de abril, organizamos unha xornada de traballo no marco do proxecto Tanza nas instalacións do CEIDA - Centro de Extensión Universitaria e Divulgación. Será no salón de actos do Castelo de Santa Cruz (Oleiros) a partir das 12.00h.

Reuniremos a entidades de inclusión social e do sector pesqueiro do territorio GALP Golfo Ártabro Sur para explicarlles o labor do Ceida e tamén faleremos sobre a problemática do lixo mariño e de que formas se pode colaborar para eliminalo.

 Un dos obxectivos deste encontro é dinamizar proxectos de inclusión social no sector pesqueiro, en concreto nos sete concellos adscritos ao GALP Golfo Ártabro Sur: Arteixo, A Coruña, Culleredo, Cambre, Oleiros, Sada e Bergondo.




Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024