Proposta Definitiva Xunta Directiva Galp Golfo Ártabro Sur Convocatoria 2021

A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Sur, en reunión celebrada 0 6 de abril de 2021, seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta e no estipulado na “Orde de Axudas do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2019”, pasados los 5 días hábiles sen terse presentado alegacións esta proposta provisional da Xunta Directiva para os proxectos da Convocatoria de Marzo de 2021 pasa a ser unha proposta definitiva que non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto. Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anuncios da oficina do GALP Golfo Ártabro Sur. Tal e como se reflicte no artigo 24.3 da Orde de bases do 21 de decembro de 2018, da Consellería do Mar.

CERTIFICACIÓN DO ACORDO DA XUNTA DIRECTIVA

PROPOSTA DE RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE CONCESIÓN DE AXUDAS E DE DESESTIMACIÓN DE AXUDAS

AVALIACIÓN DE PROXECTOS PRODUTIVOS E PROXECTOS NON PRODUTIVOS

 


 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024