O GALP Golfo Ártabro Sur e ABANCA renovan o convenio de colaboración para apoiar os proxectos do sector pesqueiro
O obxectivo é ofrecerlle a todos os promotores, xa sexan persoas individuais ou empresas, unha ferramenta para garantir a viabilidade económica das súas iniciativas.
O
GALP Golfo Ártabro Sur acaba de renovar o convenio de colaboración coa entidade
bancaria ABANCA a través do cal os proxectos beneficiarios das súas axudas poderán
optar a un financiamento a medida, se así o precisan. A firma, debido á
situación sanitaria, tivo lugar online.
Estas vantaxes exclusivas tamén se aplicarán aos seguros xa que a entidade bancaria porá a disposición dos beneficiarios persoal especializado para buscar aquelas pólizas que mellor se adapten ás súas necesidades e condicións.
Por último, outro dos servizos aos que terán acceso é a banca a distancia de ABANCA na web, móbil ou vía teléfono.
Comentarios
Publicar un comentario