O proxecto das “Empanadas do mar” de dúas emprendedoras de Guísamo é elixido exemplo de boas prácticas pola Red Española de Grupos de Pesca
É un dos 32 casos de éxito incluídos no cuarto "Catálogo de Buenas Prácticas en Desarrollo Local Participativo del FEMP” para o bienio 2019-2020
A Red Española de Grupos de Pesca
(REGP) acaba de editar o seu cuarto "Catálogo de Buenas Prácticas en DLP
del FEMP - Convocatorias 2019-2020" a través do que dá difusión ás “numerosas,
exitosas e orixinais” iniciativas dinamizadas polos Grupos de Acción Local do
Sector Pesqueiro nos diferentes territorios da xeografía española. Queren, ademais,
que estas ideas que se mostraron eficaces sirvan de inspiración a novos promotores
e facilitar a súa replica e transferencia a outras contornas e territorios.
Neste contexto, a publicación inclúe como caso de éxito destacado o proxecto das “Empanadas do mar”, beneficiario das axudas do Golfo Ártabro Sur en 2019, a través do cal 2 emprendedoras quixeron innovar e dar un novo valor engadido a un alimento tan galego como é a empanada sumándolle peixe e marisco do Golfo Ártabro Sur. Este é terceiro proxecto subvencionado polo GALP que entra no libro de boas prácticas da Rede nacional e, actualmente, tamén colabora noutros dous proxectos de cooperación como son “Pasaporte REMA” e “Relevo2020” cualificados como boas prácticas nesta mesma edición 2019-2020.
As promotoras do proxecto de “As empanadas do mar” son dúas irmás de Bergondo que sempre traballaron en negocios propios e que actualmente rexentan o supermercado e a panadería “O Forno de Guísamo”. Este obradoiro tradicional, que data de 1900 e xusto naquel momento ía cerrar por xubilación, foi a base desta magnífica iniciativa empresarial que une innovación, tradición, ademais de apostar pola economía local. Vivir nunha zona de costa fixo, ademais, que as promotoras visen nos produtos pesqueiros do Golfo Ártabro materias primas exclusivas para desenvolver esta nova liña de negocio cun selo de calidade propio que reforzase a confianza do consumidor.
Primeiro,
reformaron e equiparon o local do antigo obradoiro coa subvención procedente
dos fondos FEMP (Fondo Europeo Marítimo e de Pesca) e a colaboración e
dedicación do GALP Golfo Ártabro Sur. Despois, contactaron cos provedores. No
caso do peixe e do marisco fixérono con industrias transformadoras do
territorio e para os produtos da terra, cos agricultores da Reserva de Biosfera
Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, xerándose unha forte sinerxía entre
varios chanzos da cadea de valor do sector primario desta contorna. O
coñecemento das técnicas panadeiras, o esforzo e a dedicación foron os outros
ingredientes que achegaron as propias mans das promotoras.
O resultado, empanadas de mexillóns, bonito, bacallau, bacallau con pasas,…que desde hai dous anos se poden saborear a través da venda directa no Forno deGuísamo (Bergondo). Todas artesanais, elaboradas con produtos de calidade do mar e da terra e no comercio de proximidade.
Actualmente, as promotoras traballan para comercializar “As empanadas do mar” no resto de España, garantindo a calidade, frescura e sabor da mellor empanada galega.
Contribución
ao desenvolvemento local
Tal e como argumenta a REGP, este
proxecto apoiado polo Golfo Ártabro Sur encaixa perfectamente no
desenvolvemento local do territorio e na liña de actuación que busca “apostar
por un modelo innovador na comercialización dos produtos pesqueiros locais”.
En conclusión, o proxecto “As empanadas do mar” pon en valor os produtos do sector pesqueiro da zona, comercializándoos dunha forma diferente e listos para consumir, ademais de crear novos postos de traballo na contorna e levar ao mercado produtos de calidade.
Comentarios
Publicar un comentario