Continúan as reunións para achegar propostas á nova EDLP

 Organizáronse encontros abertos con toda veciñanza do territorio de actuación do GALP Golfo Ártabro Sur, ademais de seguir activo o formulario online para enviar as achegas

 

 


A Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) é un documento que vai a orientar a aplicación do novo Fondo Europeo Marítimo, da Pesca e da Acuicultura (FEMPA) para o período 2021-2027. Os GALP de Galicia imos colaborar coa Consellería do Mar na súa posta en marcha. Para isto, antes estamos traballando desde a base convocando encontros abertos a todo o mundo e recollendo as ideas que nos trasladan as persoas dos nosos territorios. 

Tras as primeiras reunións de xullo, en formato presencial e online, a mediados de agosto xuntámonos co sector pesqueiro na Lonxa da Coruña e hoxe, mércores 31 de agosto (19.00h) farémolo na nosa sede de Sada para trazar o plan de acción da Estratexia. O venres 2 de setembro (10.00h) teremos a segunda reunión telemática para certificar este plan de acción. 

O sector pesqueiro, as institucións, as entidades sociais e a cidadanía poden identificar cales son as necesidades reais e definir os retos e liñas de actuación para mellorar a situación da zona costeira entre Bergondo, Sada, Cambre, Culleredo, Oleiros, A Coruña e Arteixo.

 

Envío de ideas online
Ademais destas xuntanzas, tamén mantemos activo un formulario online e un correo electrónico a través do que enviarnos ideas e propostas. É unha ferramenta pensada para todas aquelas persoas que teñen interese en participar na construción da nova EDLP do GALP Golfo Ártabro Sur pero que, por motivos profesionais ou persoais, non poden asistir ou conectarse ás nosas reunións.


 

Acceso directo ao formulario aquí: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSc2KF0aSb3dxHa2Qwp9uIoFXIC476570KVgCkLyhAoIYN9X8w/viewform

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024