A exposición “La flota pesquera del Golfo Ártabro Sur” percorre o territorio
Tras pasar por Sada, Oleiros e Arteixo, a última parada desta mostra itinerante é o mercado da praza de Lugo, da Coruña, onde estará dispoñible ata o 12 de setembro
Tras a inauguración na Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada a finais de xullo, a exposición itinerante “La flota pesquera del Golfo Ártabro Sur” continuou o seu percorrido polo noso territorio con estadías en Oleiros, Arteixo e A Coruña. No Centro Cívico - Casa da Cultura de Santa Cristina, en Perillo, estivo do 2 ao 14 de agosto; despois no Centro Cívico de Arteixo entre o 16 e 28 (só mañás) para acabar no mercado da praza de Lugo, da Coruña. Aquí, estará dispoñible ata o 12 de setembro.
A mostra “La flota pesquera del Golfo
Ártabro Sur” é o resultado da investigación colaborativa do mesmo nome promovida
pola entidade a raíz da próxima redacción da nova Estratexia de Desenvolvemento
Local Participativo (EDLP) para xestionar os Fondos Europeos Marítimo, de Pesca
e de Acuicultura (FEMPA). Este estudo foi un traballo en rede no que colaboraron
as catro confrarías da zona (Sada, A Coruña, Lorbé e Mera) e tamén as OPP con
base no territorio: ACERGA, a Organización de Productores de Pesca Fresca del
Puerto de A Coruña e a de Armadores de Pesca de Galicia (Arpega).
Nos quince paneis que compoñen a
mostra pode facerse un percorrido pola evolución da frota, desde os barcos do
día aos do arrastre de altura, as artes de pesca que empregan, ou as especies
máis habituais entre as capturas. Tamén se reservou un espazo para dar a
coñecer polo miúdo o intenso traballo que realizan a diario os traballadores do
mar vinculados a cada unha das catro confrarías do territorio: A Coruña, Sada,
Lorbé e Mera.
Comentarios
Publicar un comentario