Resolución do I Concurso de foto dixital “Ollando cara ao mar”

A bravura do mar” gaña o I Concurso de fotografía do GALP Golfo Ártabro Sur


O I Concurso de fotografía online do GALP Golfo Ártabro Sur “Ollando cara o mar” pecha a súa primeira edición coa obra “A bravura do mar”, de Manuel Suárez Blanco, como primeira finalista na votación popular.


A foto "Bravura do Mar dende a costa de Mera", de Manuel Suárez Blanco, 1º premio do I Concurso de foto dixital do GALP Golfo Ártabro Sur

A imaxe, capturada desde un punto da costa de Mera, en Oleiros, amosa como o mar rompe con forza contra as pedras, provocando unha espesa espuma branca e alertando da súa fereza. 

A obra foi a máis votada polo público, pero seguida moi de preto por “Posta de Sol” e “Libélula descansado a beira do río” de Adrián Rodríguez, que obtiveron o segundo e terceiro premio do certame. En contraposición á primeira fotografía, as do segundo gañador evocan tranquilos escenarios, como a fermosura do atardecer dende a praia de Barrañán, en Arteixo, ou a quietude dunha libélula nun regato de Bergondo. 

A foto “Posta de Sol” de Adrián Rodríguez, 2º premio do I Concurso de foto dixital do GALP Golfo Ártabro Sur

A foto “Libélula descansando na beira do río” de Adrián Rodríguez, 3º premio do I Concurso de foto dixital do GALP Golfo Ártabro Sur


Ver aquí todas as fotos: https://www.facebook.com/media/set/?set=a.1298707197201053&type=3 


Dinámica do concurso
O certame,  que ten como obxectivo por en valor o litoral e a importancia dos océanos na vida diaria das persoas, consistiu en presentar fotografías relacionadas co ámbito costeiro. Cada persoa participante podía concursar cun máximo de cinco fotografías que retratasen a actividade pesqueira, paisaxes emblemáticas, praias, etc. dos concellos do territorio do GALP Golf Ártabro Sur, A Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada.

As 50 imaxes finalistas sometéronse a votación popular no perfil de Facebook do GALP  e as tres fotos máis votadas resultaron as gañadoras.

 

Premios
Os tres galardóns do concurso están patrocinados polas empresas de ocio náutico locais Cadenote, Altavela e Escola Náutica de Sada (ENSA). O primeiro premio consiste nun curso de vela práctico para unha persoa,  na ría de Betanzos, que contempla catro saídas en veleiro, de tres horas de duración cada unha delas.

O segundo é unha excursión en veleiro para dúas persoas polo litoral do Golfo Ártabro e, o último e terceiro premio supón un bautismo de vela para unha persoa.

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024