O GALP Golfo Ártabro Sur asina o Convenio de Colaboración coa Consellería do Mar
A
sinatura do Convenio abarca os seguintes catro anos, nos que dende o GALP Golfo
Ártabro Sur se traballará para incrementar o desenvolvemento do territorio.
O GALP Golfo Ártabro Sur foi reelexido un programa máis como o coordinador dos Fondos de Cohesión Europeos vencellados ao mar, FEMPA, no territorio que abranguen os concellos costeiros entre Bergondo e Arteixo.
Gracias a isto, a Consellería do Mar e o GALP asinaron un
Convenio de Colaboración para a xestión do programa FEMPA (2021-2027) ao abeiro
da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) do grupo que foi
aprobada a mediados do mes de decembro.
A sinatura deste convenio permite ao grupo poder xestionar os
fondos que lle foron concedidos neste programa para as axudas a proxectos, cuxa
cuantía ascende a 4.327.873,47 €; o que supón un incremento no crédito respeto
ao programa anterior de máis dun 44%.
Baixo a EDLP do grupo, subvencionaranse proxectos nos
seguintes ámbitos: incremento da cadea de valor do sector pesqueiro,
diversificacion, medioambiente, patrimonio cultural, gobernanza e cooperación.
Isto axudará ao desenvolvemento das zonas costeiras creando unha rede que
permita vincular aos actores do territorio e así poder impulsar e proporcionar
novas oportunidades.
Comentarios
Publicar un comentario