Un dos proxectos subvencionados polo GALP Golfo Ártabro Sur, “Ecoturismo no Golfo Ártabro” presentouse en Fitur

 O GALP Golfo Ártabro Sur acompañou ao promotor do proxecto “Ecoturismo no Golfo Ártabro” á súa presentación en Fitur

O secretario do GALP Golfo Ártabro Sur, José Garrote, acompañou á Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas – Betanzos, á presentación en FITUR do proxecto “Ecoturismo no Golfo Ártabro” que foi financiado dende o GALP. Este proxecto tamén obtivo o galardón de “Buena Práctica” da Rede Española de Grupos de Pesca na pasada anualidade.

Na súa intervención en Fitur, José Garrote, puxo de manifesto a importancia de proxectos desta tipoloxía, pois dende a Estratexia de Desenvolvemento do GALP apóianse as iniciativas baseadas na economía azul e o turismo sostible relacionado co mundo do mar, promovendo unha calidade turística e valorizando os produtos do mar.

 


Aproveitou a ocasión para animar a novos promotores a coñecer o traballo que se está a facer dende o GALP Golfo Ártabro Sur, a nova Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) aprobada pola Consellería do Mar, así como a apertura do novo período FEMPA 2021-2027 no que dende o grupo se van poder subvencionar proxectos desta e outras moitas tipoloxías. Motivou tamén aos asistentes a que contactasen co equipo técnico para que os puidese asesorar e guiar nos seus proxectos, xa que dende o grupo conta con 4.327.873,37 € para a subvencións de proxectos neste programa.

Ecoturismo no Golfo Ártabro

O proxecto promovido polo Grupo de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, que  contou cunha axuda de 25.895,50 € está baseado no desenvolvemento dun modelo de turismo sostible (Ecoturismo), co obxectivo de xerar, identificar e promover novas oportunidades de creación de emprego apostando por un modelo de turismo que poña en valor o patrimonio do mar e o litoral a través de produtos específicos, articular unha oferta turística buscando a desestacionalización e novos públicos e finalmente promover a cooperación entre o sector do mar, o sector do turismo e a hostalaría, as administracións públicas locais e o resto do tecido produtivo e forxe novas alianzas duradeiras cara o futuro.

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024