O GALP Golfo Ártabro Sur presenta hoxe nas redes unha serie de vídeos dos proxectos subvencionados mediante os fondos FEMP
Xa está dispoñible no canal de Youtube do GALP Golfo Ártabro Sur o primeiro vídeo da serie na cal se amosan os proxectos subvencionados mediante o programa FEMP.
No día de hoxe, o GALP Golfo Ártabro Sur lanza o primeiro vídeo dunha serie que alberga tódolos proxectos financiados polo grupo mediante os fondos FEMP. Este vídeo está dispoñible no canal de Youtube do grupo, no que tódalas semanas se subirá un vídeo ata completar a serie. Estes vídeos mostrarán tódolos proxectos que foron subvencionados dende 2017 ata 2022, baixo as directrices da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) aprobada pola Consellería do Mar para a xestión dos Fondos Europeos Marítimos e da Pesca (FEMP) no territorio do GALP Golfo Ártabro Sur.
En cada un dos vídeos exponse un proxecto diferente, que se engloba nalgún dos seguintes obxectivos: valor engadido á cadea de valor do sector pesqueiro, diversificación, medioambiente, patrimonio cultural, gobernanza e cooperación.
Con esta serie de vídeos o GALP busca dar a coñecer
os proxectos que están a axudar a desenvolver o seu territorio, proporcionando
novos empregos e oportunidades, ademais, espérase que sexan de inspiración para
emprendedores e entidades xa establecidas e que lles axuden a dar forma ás súas
ideas e poidan beneficiarse das subvencións do Fondo Europeo Marítimo da Pesca
e da Acuicultura, permitíndolles medrar e prosperar no seu negocio, adaptándoo ás
súas necesidades actuais.
Proxecto de Construcciones MA Ramos
Neste primeiro vídeo, amósase o proxecto de
Construtora MA Ramos, que está baseado no emprego da cunchas de mexillón e
outros bivalvos para a fabricación de mobles de formigón. Para isto, as cunchas
convértense en area, que é a que se emprega para a realización da pasta de
formigón, permitindo o emprego dun dos residuos máis importantes do sector e
completando así a cadea. Dende o GALP Golfo Ártabro Sur subvencionouse a
exposición de mobiliario que lles permitiu amosar o seu produto e poder lanzalo
ao mercado.
Comentarios
Publicar un comentario